O Día Mundial da auga celébrase o 22 de marzo de cada ano. É un día para destacar a función esencial da auga e propiciar melloras para a poboación mundial que sofre de problemas relacionados coa auga. É un día para debater como debemos xestionar os recursos hídricos no futuro. En 1993, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 22 de marzo como o primeiro Día Mundial da auga. Pasaron 22 anos e o Día Mundial da auga séguese celebrando en todo o mundo e cada ano destaca unha cuestión diferente.
A humanidade necesita auga. Unha pinga de auga é flexible. Unha pinga de auga é poderosa. Unha pinga de auga é máis necesaria que nunca
A auga é un elemento esencial do desenvolvemento sustentable. Os recursos hídricos, e a gama de servizos que prestan, xogan un papel crave na redución da pobreza, o crecemento económico e a sustentabilidade ambiental. A auga propicia o benestar da poboación e o crecemento inclusivo, e ten un impacto positivo na vida de miles de millóns de persoas, ao incidir en cuestións que afectan á seguridade alimentaria e enerxética, a saúde humana e ao medio ambiente.
2015: Auga e Desenvolvemento Sustentable
O tema de 2015 trata a relación da auga con todas as áreas que debemos ter en conta para crear o futuro que queremos. Aprenda máis sobre o tema aquí: www.worldwaterday.org/learn Dispoñible en inglés e únase ás celebracións mundiais para organizar o seu propio evento en http://www.unwater.org/worldwaterday/events Dispoñible en inglés.
Únase á campaña de 2015 para crear conciencia sobre a auga e o saneamento. Tamén pode contribuír nos medios sociais, co hashtag #díamundialdelagua.



