O C.P.A. Gondomar 4º clasificado no Campionato de España de Grupos-Show Xuvenís
No pavillón municipal das Travesas celébrase entre os días de onte e hoxe un dos eventos máis importantes da patinaxe artística nacional, na súa V edición.
Este fin de samana, tivo lugar o Trofeo Cidade de Vigo de Grupos Grandes e o V Campionato de España de Grupos-Show Xuvenís; con 21 grupos participantes, o C.P.A Gondomar, co seu tema “o amor é cousa de dúas” logrou situarse na cuarta posición, sendo un dos primeiros clubs galegos o alcanzar o 4º posto nun campionato nacional; desde o club transmítennos “a gran satisfacción que sente estar no máis alto, en tan pouco tempo“, superando a grupos con moitos máis anos de experiencia .
O Club C.P.A Gondomar con apenas un ano desde a súa creación, logrou facerse con diferentes títulos tanto a nivel Europeo, Nacional como Autonómico, onde se viu reflectido o gran esforzo, dedicación, tenacidade e constancia, que fai que este club estea a pensar en presentarse a “Trofeos” en Francia ou Italia; ao mesmo tempo prepara a 8 dos seus patinadores de 1º Categoría para o campionato Provincial-Individual, que se celebrará o próximo mes de Maio; á vez que organiza o “Trofeo Xunta” que se celebrará o próximo 11 de Abril no pavillón de Doas en Gondomar.



