spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraAs Ruínas de San Domingos reabren ao público

As Ruínas de San Domingos reabren ao público

as-ruinas-de-san-domingos-reabren-ao-publicoA Deputación de Pontevedra volverá abrir as Ruínas de San Domingos este martes, 16 de xullo, no seu horario habitual (10:00 a 14:00 polas mañás de martes a domingos e de 16:00 a 19:30 horas de martes a sábados) tras rematar a actuación de retirada de plantas das ábsidas das Ruínas de San Domingos.

Revista Cousas De Nº22

Os traballos, que comezaron o pasado luns, permitiron erradicar as plantas superiores que se atopaban no recinto e supuñan un risco para a integridade do ben. A actuación completouse coa eliminación da sucidade superficial do recinto e coa colocación de morteiro naqueles lugares nos que se retiraron os elementos vexetais.

En liñas xerais as plantas das ábsidas, repisas de cimacios e arranques de bóvedas elimináronse realizando tesoiras de poda, escalpelos, bisturís e paos de hisopo de diferente groso, acentuando o coidado nas zonas máis sensibles como arestas vivas ou desprazamentos, co fin de extraer as raíces e terra das xuntas.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Ademais, trala retirada das plantas, tapáronse os ocos e seláronse as xuntas nas que estaban asentadas con morteiro de cal hidráulica entoada con pigmentos inorgánicos. Tamén se aproveitou a intervención para eliminar a sucidade superficial, con limpeza en seco.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.