spot_img
InicioCondado ParadantaMúsica e bo xantar atraen a milleiros de persoas ás festas...

Música e bo xantar atraen a milleiros de persoas ás festas do churrasco de Covelo

musica-e-bo-xantar-atraen-a-milleiros-de-persoas-as-festas-do-churrasco-de-coveloMúsica e feira de produtos de proximidade completan a programación que arrinca coa Festa da Xuventude o vindeiro 20 de xullo

Revista Cousas De Nº22

O Concello de Covelo celebrará as súas festas patronais e do churrasco o vindeiro 25 de xullo cunha programación na que non faltarán a música e a gastronomía. A XLIII Festa do Churrasco encherá o campo da feira de Covelo de milleiros de persoas que desexan desfrutar da carne á brasa pero tamén da boa compaña e do ambiente festivo.

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e a concelleira de Cultura, Lourdes Enes convidan a toda a veciñanza a participar e informan que xa está aberto o prazo para mercar os tickets. Nesta edición o prezo do menú será de 6 euros e aquelas persoas que desexen mercalo anticipadamente poderán facelo realizando previamente o pago polo valor do número de menús que queiran mercar no número de conta que o concello habilitou para este fin. A continuación deberán achegar o xustificante de pago ás oficinas do Concello.  O número de conta é o ES 75 2080 5420 5431 1010 0012. O prazo para o ingreso bancario e a tramitación no Concello permanecerá aberto ata o 19 de xullo.

Na carballeira do Campo da Feira e nos locais de hostalaría serviranse un total de dúas toneladas de carne repaertidos en 1.068 kg de carne de tenreira, 1068 de costela de porco e 480 kg de chourizos criollos. O prezo do menú inclúe ademais da carne pementos, pan e viño. A comida comezará a servirse a partir das 14:00 horas.

PROGRAMACIÓN

A programación das festas patronais arrincará o vindeiro 20 de xullo ás 23:30 horas no Campo da Feira coa Festa da Xuventude na que actuarán DJ Santi Gab, Zoe, Traffic House e Groove Amigos. O mércores 24 de xullo ás 23:00 horas chegará a música de verbena ao centro urbano coa actuación da orquestra Solara e Jorge Méndez. O xoves 25 ás 12:00 abrirá a Mostra de Produtos de Covelo que se traslada ao Campo da Feira, ás 12:30 horas será a misa solemne na honra de Santiago Apóstolo seguida de procesión acompañada pola Banda de Música de Mondariz. No Campo da Feira actuará a charanga Caña Aquí, Ás 14:30  Banda do Sequío; ás 16:45 A Roda; ás 18:30 Voces de Arrieiro e ás 18:30 actuará a charanga de Gulán SDK, momento no que o Club Fútbol Veteranos de Covelo comezará a servir o chouripan.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

“Un ano máis recibiremos con alegría a todas as persoas que veñen a Covelo a celebrar as nosas festas patronais e do churrasco. Unha festa da nosa veciñanza que compartimos con gusto con todas as persoas que retornan e que se reencontran no Campo da Feira”, sinala o alcalde.

- Publicidade -spot_img