spot_img
InicioVal MiñorBaionaAfundación e Abanca presentan en Baiona unha exposición con obras que convidan...

Afundación e Abanca presentan en Baiona unha exposición con obras que convidan a viaxar a través das súas coleccións

afundacion-e-abanca-presentan-en-baiona-unha-exposicion-con-obras-que-convidan-a-viaxar-a-traves-das-suas-coleccionsA mostra, organizada grazas á colaboración entre ABANCA, Afundación e o Concello de Baiona, poderase visitar ata o vindeiro 6 de agosto

Revista Cousas De Nº22

Afundación presentou en Baiona a súa nova aposta pola divulgación das coleccións ABANCA e Afundación, «Viaxando. Coleccións de arte Afundación e ABANCA», unha mostra de rúa que se presenta grazas á colaboración entre Afundación, ABANCA e o Concello da localidade. Ao acto de inauguración, que tivo lugar esta mañá, asistiron o alcalde do Concello de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña; o director da oficina de ABANCA de Baiona, Francisco Javier Rodríguez; e a responsable de Programas Educativos de Afundación, Carmen Pérez Larran.

A exposición poderase visitar na Alameda Carabela Pinta ata o vindeiro 6 de agosto.

A EXPOSICIÓN «VIAXANDO. COLECCIÓNS DE ARTE AFUNDACIÓN E ABANCA»

Co obxectivo de amosar as coleccións de arte de ABANCA e Afundación fóra das súas sedes, Afundación deseñou unha exposición de rúa que permite encher as prazas de diferentes localidades galegas coa creación dalgún dos artistas galegos máis interesantes dos últimos douscentos anos. Obras que poden enmarcarse no impresionismo, o rexionalismo, romanticismo ou naturalismo, pero tamén novas linguaxes contemporáneas que mesturan a colaxe, o grafiti, a fotografía ou incluso o fume con trazos de factura moi persoal.

Todas as pezas seleccionadas convidan a facer unha viaxe, unhas por Galicia e outras arredor do mundo: Siena, O Cairo, A Habana, Chicago, a Antártida, a India ou Tokio a través da obra de importantes nomes da arte como Villaamil, Sotomayor, Carlos Sobrino, Freixanes, Pamen Pereira ou Berta Cáccamo, entre outros. A cronoloxía das pezas abrangue desde finais do século XIX ata a actualidade, e cada unha delas vai acompañada dun texto divulgativo escrito pola crítica de arte Mercedes Rozas.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O concepto do proxecto, a viaxe, sempre supuxo unha procura de bagaxe intelectual, un desexo de experiencia e un xeito de descubrir novos rumbos para a produción artística, pero tamén é unha experiencia enriquecedora para todos os viaxeiros. Por iso a exposición invita a facer unha viaxe, a deixar voar a imaxinación para percorrer as rúas, os campos, respirar as atmosferas e as sensacións que evoca cada imaxe.

Toda viaxe implica unha aprendizaxe, un pequeno ou gran cambio na persoa que o protagoniza; con esta mostra, Afundación, Obra Social ABANCA, invita a facelo a través dunha viaxe con moita arte.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.