spot_img
InicioBaixo MiñoA Praza do Calvario testemuña un ano máis da xornadas da Feira...

A Praza do Calvario testemuña un ano máis da xornadas da Feira do Viño do Rosal

a-praza-do-calvario-testemuna-un-ano-mais-da-xornadas-da-feira-do-vino-do-rosalA primeira xornada da Feira do Viño do Rosal transcorreu con grande éxito, atraendo a numerosos visitantes e amantes do viño, así como a persoas interesadas polas actividades programadas para o día de onte.

Revista Cousas De Nº22

O evento inaugurouse cunha cata profesional comentada de viños do Rosal a cargo de Fernando Gurucharri, antigo presidente da Unión Española de Catadores. Esta actividade permitiu aos participantes descubrir e apreciar a riqueza e diversidade dos viños rosaleiros baixo a dirección dun experto de renome, marcando un comezo perfecto para un día cheo de celebracións.

a-praza-do-calvario-testemuna-un-ano-mais-da-xornadas-da-feira-do-vino-do-rosal

Tivo lugar o acto inaugural da Feira, evento que contou con institucións tanto autonómicas como provinciais e locais, achegando ata a Praza do Calvario a alcaldes e alcaldesas dos diferentes concellos da comarca e arredores. A tarde destacou coa celebración dun innovador Scape Room temático sobre o sector do viño. Esta actividade interactiva acolleu a cerca de 200 persoas, brindando unha experiencia única que combinou diversión e aprendizaxe sobre a tradición vitivinícola do Rosal. Os participantes puideron resolver pistas e desafíos relacionados co proceso de produción do viño, fomentando o coñecemento e a apreciación desta arte.

A xornada culminou cun vibrante concerto da Patrulla, quen interpretou versións de diversos artistas, facendo vibrar a unha Praza do Calvario repleta de xente de todas as idades. O entusiasmo e a alegría foron palpables, creando un ambiente festivo que promete un fin de semana inesquecible.

a-praza-do-calvario-testemuna-un-ano-mais-da-xornadas-da-feira-do-vino-do-rosal

Para a xornada deste sábado estába prevista a celebración dunha cata dirixida pola sumiller Marina Cruces e pola tarde unha actividade de debuxo e ilustración para os máis peques, a cargo de Xosé Tomás. O toque musical o porán ao mediodía o grupo Brass Atlantic, quen tamén fará un pasarrúas pola praza ás 20.30h. A xornada rematará co concerto dos Revenidos, que interpretará diferentes versións que farán a pequenos e maiores bailar no final da xornada.

a-praza-do-calvario-testemuna-un-ano-mais-da-xornadas-da-feira-do-vino-do-rosal

 

A Feira do Viño do Rosal continuará ata domingo con máis actividades como o taller de cociña para os máis pequenos a cargo de Isaac Míguez, ou o espectáculo de maxia e globoflexia, así como concertos con música ao vivo ao longo do día a cargo do Síndrome de Penny Lane e Helen & Shanna.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A Feira do Viño consolídase como un evento imprescindible para os amantes do viño de calidade e singularidade, así como da cultura, patrimonio e arte galega.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.