spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaAs praias O Muíño e Area Grande da Guarda con contarán este...

As praias O Muíño e Area Grande da Guarda con contarán este verán con servizo de socorrismo

unha-tempada-de-praia-exitosa-e-sen-incidentes-marcou-o-veran-da-guarda
Praia O Muiño na Guarda

O Concello da Guarda informa que a pesar dos esforzos e do compromiso para ofrecer un servizo esencial, como é unha atención adecuada nas dúas praias de referencia desta vila, non foi posible contratar socorristas para a prevención e vixilancia nas praias.

Revista COUSAS DE nº14

A Xunta de Galicia regulou en 2012 mediante Decreto a formación mínima dos socorristas acuáticos e creou o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia. En 2017 modificouse ese decreto aumentando as dificultades dos concellos galegos para conseguir os socorristas habilitados necesarios para atender as praias.

O Concello da Guarda tivo dificultades para cubrir a plantilla de socorristas necesarios no verán pasado e cos catro contratados atendeuse a praia do Muíño de luns a domingo e a praia de Area Grande as fins de semana.

En novembro de 2021 a Xunta publicou o novo decreto que regula as condicións para o exercicio profesional das actividades de socorrismo acuático e aqueles socorristas que non actualizaron a súa formación perderon esa habilitación para exercer como profesionais.

No mes de febreiro o concello da Guarda valorouse o orzamento presentado pola Axencia Galega de Seguridade Pública para realizar un curso de adaptación que puidese habilitar novamente a estes socorristas que foron excluídos do rexistro profesional. Finalmente non se puido lanzar o curso debido a falta de equipamentos e instalacións esixidas polo novo decreto. Contactouse cos concellos veciños para poder realizar esta formación nas súas instalacións, non sendo posible. Ademais a realización deste curso non aseguraba dispor a tempo dos socorristas habilitados para este verán.

Os concellos do Baixo Miño reclaman colaboración da Xunta na xestións das praias
Praia de Area Grande – A Guarda

Tamén en febreiro, como nos anos anteriores, solicitouse a subvención da Xunta para a contratación de socorristas e volveuse a solicitar os 6 socorristas. Unha vez comunicada a concesión desta subvención, tramitouse o proceso de selección de persoal a través do servizo de emprego SEPE de Tui. Como non houbo aspirantes publicáronse varias notas de prensa para informar do proceso de contratación e deste xeito, fíxose público a necesidade de contratación de socorristas para completar a plantilla do servizo de socorrismo co patrón da embarcación para praia do Muíño.

A 30 de xuño comunicouse a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) a renuncia expresa as dúas Bandeiras Azuis ante a imposibilidade de dispor do servizo de socorrismo activado con data do 1 de xullo. ADEAC trasladou ao concello da Guarda a ampliación do prazo ata o 10 de xullo para izar bandeira e, inclusive, suavizou o requisito de dous socorristas por praia. Esta entidade xestora das Bandeiras Azuis son coñecedores das dificultades dos concellos galegos para contratar socorristas polo que este verán permitiu dispor dun socorrista e un auxiliar de información por praia.

Durante estas semanas realizáronse diferentes xestións e consultas coa AGASP, empresas de servizos, outros concellos, … para conseguir contratar a socorristas e auxiliares que permitisen dar un mínimo de atención nestas dúas praias. Pero ningunha destas alternativas consultadas permitiu conseguir persoal formado e acreditado.

Polo que continuaranse cos contactos coa Xunta de Galicia para trasladar a preocupación por non dispoñer neste verán de servizo de socorrismo nas praias do Muíño e de Area Grande.

- Publicidade -spot_img