spot_img
InicioBaixo MiñoOuro e prata con acento galego no maratón de Dinamarca

Ouro e prata con acento galego no maratón de Dinamarca

Ouro e prata con acento galego no maratón de Dinamarca
Tono Campos e Manu Garrido

O campionato de Europa de maratón que se está disputando en Dinamarca, non deixa de dar alegrías para os representantes galegos que o están disputando

Revista COUSAS DE nº14

Ás 10:30 entraba en competición o grovense Tono Campos e Manuel Garrido na carreira de C1 senior. Campos e Garrido cumprían coa súa condición de favoritos e desde o inicio encabezaba o grupo de cabeza de carreira xunto ao deportista portugués Sergio Maciel. No ecuador da proba xa só quedaban tres padeeiros para disputarse o ouro e os tres de cabeza relevábanse para manter a distancia cos seus perseguidores.

Foi no último porteo, onde Tono Campos deu a arrancada final para descolgar aos seus compañeiros de escapada. A carreira de Tono nos 100 metros de porteo foi dunha gran intensidade e fixo descolgarse ao padeeiro portugués. Tan só Manuel Garrido foi capaz de seguilo na auga, pero os últimos 100 metros de Campos, deixaron a Garrido sen forzas para disputarlle a vitoria da carreira e así Tono Campos recuperaba o trono europeo.

A última medalla da xornada foi para o padeeiro tudense Iván Alonso. Na mañá de hoxe, Alonso, conseguía a súa novena medalla continental despois de realizar unha gran carreira na que sempre estivo nos postos dianteiros. Durante moitas voltas encabezou a carreira xunto ao deportista danés Mads Pedersen.

Ouro e prata con acento galego no maratón de Dinamarca
Iván Alonso

A gloria continental xogáronlla ambos os padeeiros nos últimos metros de regata, onde Alonso non sería capaz de aguantar o envite de Pedersen, que se proclamou Campión de Europa ao facer valer a súa condición de anfitrión. Esta medalla de prata demostra o gran estado de forma de Iván Alonso que xa está a pensar no mundial de Portugal, previsto para o mes de setembro.

Ademais destes grandes resultados, o piragüismo galego tivo máis representantes no día de hoxe. Tania Álvarez finalizou nunha meritoria sexta praza no K1 senior e Noa Conde oitava en C1 senior. A categoría xuvenil contaba coa presenza dos dous padeeiros do Club Piragüismo Verducido, David Pazos e Anxo García.

O primeiro rozaba a medalla de bronce, tan só catros segundos separáronlle do podio, mentres que García finalizaba en sétimo lugar.

- Publicidade -spot_img