spot_img
InicioVal MiñorNigránO parque empresarial de Porto do Molle acolleu un curso de pilotaxe...

O parque empresarial de Porto do Molle acolleu un curso de pilotaxe de drons para Forzas e Corpos de Seguridade do Estado

O parque empresarial de Porto do Molle acolleu un curso de pilotaxe de drons para Forzas e Corpos de Seguridade do EstadoO delegado do Estado, xunto co alcalde de Nigrán e responsables de Policía Nacional, Local e Garda Civil clausuraron a formación da empresa viguesa Vig-Sec Drone

Revista COUSAS DE nº14

As instalacións de Zona Franca en Vigo e Nigrán acolleron un curso de formación da empresa viguesa Vig-Sec Drone, de pilotaxe de drons en operacións de seguridade e emerxencias para as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (FCSE). O curso clausurouse no parque empresarial de Porto do Molle, en Nigrán, onde os pilotos realizaron unha proba práctica final. A clausúraa asistiron o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades; o alcalde de Nigrán, Juan González Pérez; o Inspector Xefe de Operacións da Policía Nacional, José Manuel Fernández Lago; a Inspectora Delegada de Formación da Policía Nacional, Ruth Martín Martínez; e o Comandante Xefe de Operacións da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, Óscar Graña.

David Regades destacou “a relevancia da formación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e o apoio de Zona Franca para que as empresas amplíen a súa actividade e crezan”. Neste caso en concreto, explicou, “o apoio concretouse na disposición das aulas do Consorcio en Vigo, para que Vigo-Sec Drone puidese impartir a formación teórica deste curso, e espazo ao aire libre no parque empresarial de Porto do Molle, para a formación práctica cos drons”. O delegado do Estado subliñou “a importancia deste tipo de formación para os axentes que cada día enfróntanse a situacións nas que a tecnoloxía lles pode axudar”.

A actividade tivo a finalidade de presentar as capacidades que achega dita formación ao aplicar manobras específicas para contornas operativas nos que actúan as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e as unidades de emerxencias, como a Loita Contra Incendios (LCI). Ademais, a empresa viguesa presentou un software que desenvolveu e que se denomina “ACRE”, para a xestión de tráfico aéreo e das coordinacións destas operacións.

- Publicidade -spot_img