spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaAs praias fluviais da Guarda participarán no Día Mundial de Limpeza

As praias fluviais da Guarda participarán no Día Mundial de Limpeza

O sábado 21 de setembro, Día Mundial de Limpeza, porase en marcha unha limpeza de residuos dende o Puntal na praia do Muíño ata o Codesal.

A promotor desta actividade é a delegación do Porriño de Smurfit Kappa, empresa do sector de embalaxes reciclables, renovables e 100% biodegradables. Esta empresa a nivel nacional puxo en marcha a iniciativa “Better Planet Packing” que busca reducir os residuos que xeran os embalaxes non biodegradables e abordar os desafíos do lixo que termina nos océanos e vertedoiros en todo o mundo.

Unha acción incluída nesta iniciativa é a celebración do Día Mundial de Limpeza e a delegación de Porriño escolleu as praias naturais da desembocadura do Miño para realizar esta campaña de concienciación entre veciños dos concellos da comarca do Baixo Miño e área de metropolitana de Vigo.

A partir das 10.30h do sábado os 200 participantes percorrerán en dous grupos os tres últimos quilómetros da desembocadura do Miño recollendo os residuos e posteriormente os depositarán nos colectores correspondentes para o seu tratamento e reciclaxe. Os participantes están convidados a visitar as instalacións da delegación de Smurfit Kappa O Porriño.

Esta xornada conta coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda e efectivos de Protección Civil do Rosal.

 

 

- Publicidade -spot_img