Inicio Reportaxes A crise climática, unha crise para os océanos

A crise climática, unha crise para os océanos

A crise climática, unha crise para os océanosPara protexer os océanos, dos que depende a vida na Terra, é necesario abandonar os combustibles fósiles e crear santuarios mariños. Cada hora vértese un millón de toneladas de CO2 nos océanos

O grupo de expertos de Cambio Climático de Nacións Unidas ( IPCC) reúnese en Mónaco a partir de mañá para finalizar o Informe Especial sobre o Océano e a Criosfera nun Clima Cambiante ( SROCC, nas súas siglas en inglés) que será presentado o próximo 25 de setembro e que reflectirá a urxencia de reducir as emisións a cero e de reforzar a protección dos océanos.

O informe, baseado na análise de datos climáticos realizado por centos de destacadas personalidades da comunidade científica internacional, é a avaliación máis completa ata a data dos efectos actuais e futuros do cambio climático nos nosos océanos e a criosfera (zonas de xeo que cobren terreos, illas e mares en alta montaña e rexións polares).

“Cremos que o informe do IPCC vai confirmar o noso peor temor: a crise climática é unha crise dos océanos. Algúns dos impactos do cambio climático nos nosos océanos son agora irreversibles e outros parecen cada vez máis inevitables”, declarou a científica de Greenpeace Melissa Wang. “Coas taxas de emisión actuais, estamos vertiendo un millón de toneladas de CO2 nos océanos cada hora. A menos que aceleremos os esforzos para reducir a cero neto as emisións de carbono e tomemos maiores medidas para protexer os nosos océanos, haberá consecuencias devastadoras para os seres humanos, o medio ambiente e a economía”

Os océanos desempeñan un papel fundamental no mantemento da vida na Terra. Xunto coas capas de xeo, son vitais para regular a temperatura do noso planeta, xa que absorben o 90% do exceso de calor do sistema e entre o 20 e o 30% do carbono da atmosfera da Terra. Ademais, os mares proporcionan ou regulan gran parte da auga de choiva, a auga potable, os alimentos e os sistemas meteorolóxicos do noso planeta.

O informe do IPCC vai avaliar os cambios relacionados co xeo nas rexións ártica e antártica, o estado dos glaciares, o permafrost e a neve nas zonas de alta montaña así como o aumento do nivel do mar e as súas implicacións para as illas, as costas e as comunidades baixas. Tamén examinará o impacto do quecemento dos mares e a acidificación dos océanos nos ecosistemas, o estado das pesqueiras e os medios de vida de diferentes rexións. O informe, ademais, presentará escenarios ao redor da frecuencia e intensidade futura das tormentas tropicais e as ondas de calor mariñas.

O resumo do informe vai estar negociando ao mesmo tempo que miles de persoas realizan marchas e actividades en todo o mundo para esixir aos gobernos que actúen con maior urxencia para facer fronte á emerxencia climática. O próximo día 23 de setembro comeza en Nova York o Cume Climático de Nacións Unidas á que acudirán xefes de Estado de todo o planeta.

“Este informe é outra chamada aos gobernos para que actúen urxentemente #ante a emerxencia que vivimos. Para facer fronte a esta crise climática e ecolóxica necesítanse políticas para abandonar os combustibles fósiles e para garantir a protección, restauración e conservación dos mares e océanos”, declarou Tatiana Nuño, responsable da campaña de cambio climático de Greenpeace. “En España, para avanzar neste sentido, é prioritaria a formación dun goberno que lidere a loita contra o cambio climático con políticas máis ambiciosas que as actuais e impulse a protección dos océanos”.

A organización ecoloxista advirte de que o cambio climático, xunto coa sobreexplotación de recursos por parte dos seres humanos, está a levar o planeta ao bordo do colapso e demanda a aprobación en 2020 dun Tratado Global dos Océanos en Nacións Unidas que impulse a creación dunha rede de santuarios mariños e protexa o 30% dos mares para 2030.

Greenpeace é un observador acreditado #ante o IPCC. Unha delegación da organización asistirá á 51ª Sesión do IPCC en Mónaco do 20 ao 25 de setembro, para participar no proceso de revisión final do Informe Especial do IPCC sobre os Océanos e a Criosfera

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies