spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoAs pistas de atletismo do Polígono da Granxa serán inauguradas no último...

As pistas de atletismo do Polígono da Granxa serán inauguradas no último trimestre deste ano

As pistas de atletismo do Polígono da Granxa serán inauguradas no último trimestre deste anoSantos Héctor Rodríguez, deputado delegado de Cooperación cos Concellos e as deputadas Iria Lamas e María Victoria Alonso visitaron hoxe as pistas de atletismo en construcción no polígono da Granxa, obra financíada pola Deputación cun orzamento de 1 millón de euros, a cargo do Plan Concellos 2018/2019.

Polo Concello de Porriño acudiu o concelleiro de Deportes, David Alonso en representación de Eva García cuia ausencia disculpou. A alcaldesa sufrira un accidente de tráfico e suspendeu toda a súa axenda oficial.

Unha representación de “Prace”, a empresa que fai a obra explicou os pormenores do proxecto e o estado de execución, bastante avanzado. Non obstante a previsión da empresa é que poderá entregar a obra rematada para a súa inauguración no último trimestre deste ano.

A parte máis retrasada da obra é o módulo cuberto que permitirá o adestramento de atletas de diversas especialidades como saltos de pértiga, altura, triple salto e lonxitude así como das probas de lanzamento. Tratase dun un equipamento pioneiro no sur de Galicia.

A pista de atletismo ten unha corda de 200 metros que é a regramentaria para competicións “indoor” ou pista cuberta con seis calles. E ademáis conta cunha pista central para competicións de velocidade e vallas de 60 metros con oito calles. Ambas xa están prácticamente rematadas.

Santos Héctor abogou, de entrada “no meu nome e no nome da presideta da Deputación polo pronto restablecemento da alcaldesa Eva García” e pdidiu ó concelleiro David Alonso que fixera extensiva ó Concello de Porriño a nosa felicitación por esta extraordinaria iniciativa deportiva”.

O deputado delegado de Cooperación cos Concellos ponderou que “estas instalacións dignísimas suponen tamén un equipamento social que ven a cubrir as necesidades da veciñanza de Porriño a través da practica deportiva”.

Pola súa banda o concelleiro de Deportes de Porriño agardecu no nome do Concello o esforzo económico que realiza a Deputación de Pontevedra para “dotarnos destas instalación únicas en Galicia e que van permitir a práctica incluso no inverno dentro do módulo cuberto o que agredecerán especialmente unha chea de nenos e nenas que así poderán seguir adestrando”, manifestou David Alonso.

- Publicidade -spot_img