spot_img
InicioPontevedra e ÁreaAs illas atlánticas acollen mañá o II Encontro de Pintores co fin...

As illas atlánticas acollen mañá o II Encontro de Pintores co fin de amosar a súa riqueza natural mediante a arte pictórica

As illas atlánticas acollen mañá o II Encontro de Pintores co fin de amosar a súa riqueza natural mediante a arte pictóricaEste certame de pintura terá lugar nas illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, comezando a desenvolverse as actividades previstas a partir das 11 horas

A Xunta de Galicia, en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, organiza mañá o II Encontro de Pintores co fin de que os participantes reflictan nas súas creacións as paisaxes dos catro arquipélagos que forman o parque.

Este certame de pintura, que xa vai pola segunda edición, terá lugar nas illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, comezando a desenvolverse as actividades previstas a partir das 11 horas. A cada illa poderá asistir un grupo de 10 pintores cos seus respectivos acompañantes e un guía.

Os participantes pasarán a xornada pintando nestes enclaves naturais, facendo entrega das súas obras ás 18 horas. Posteriormente, os asistentes realizarán un coloquio para compartir experiencias e achegar suxestións sobre esta xuntanza. As pinturas, unha vez rematadas, quedarán a secar na illa na que se elaborara, nun lugar habilitado para iso.

O obxecto deste encontro é amosar, a través das pinturas, a riqueza natural, tanto en flora como en fauna, das illas que integran o Parque Nacional das Illas Atlánticas. Ademais, este tipo de actividades pretenden concienciar aos cidadáns da importancia de coidar e respectar o medio ambiente co fin de conservar axeitadamente contornas naturais como estes arquipélagos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.