spot_img
InicioVal MiñorBaionaSusana González a nova patroa maior da Cofraría de Pescadores de Baiona...

Susana González a nova patroa maior da Cofraría de Pescadores de Baiona reúnese co presidente de Portos de Galicia para analizar as necesidades do sector

Susana González a nova patroa maior da Cofraría de Pescadores de Baiona reúnese co presidente de Portos de Galicia para analizar as necesidades do sectorEsta reunión forma parte da rolda de encontros que o presidente do ente público está mantendo estas semanas para coñecer de primeira man as prioridades do sector profesional

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, recibiu nos últimos días na sede do ente público en Santiago de Compostela á nova patroa maior, Susana González, da Confraría de Pescadores de Baiona. Ambos representantes mantiveron un encontro institucional no que afondaron nas necesidades do sector profesional do municipio.

Esta reunión forma parte da rolda de encontros que o presidente do ente público está mantendo durante estas semanas para coñecer de primeira man as prioridades de actuación da Administración pública a criterio dos recén elixidos patróns maiores tralas eleccións ás confrarías de pescadores en toda Galicia.

Durante o encontro coa patroa de Baiona, ambas partes mostraron a súa vontade de colaboración nos proxectos futuros que abranguen ao sector profesional. En concreto abordaron temas relativos á accións a levar a cabo para que non se vexan prexudicados os profesionais polas dificultades nos accesos, non descartando a posibilidade de instalar cámaras de videovixilancia para o control dos accesos ao porto. Outras cuestións tratadas foron referidas á xestión diaria, como medidas para axilizar trámites para os cumprimentos entre a confraría e portos

Durante o encontro, o presidente de Portos de Galicia ratificou a posta a disposición do ente público para dar resposta ás necesidades dos traballadores do mar e insistiu no carácter prioritario da actividade profesional marítima para a Xunta de Galicia. Durán Hermida lembrou que, nesta liña de traballo, o seu departamento prima o investimento en infraestruturas e servizos para mellorar as condicións laborais da terceira e cuarta lista.

- Publicidade -spot_img