Unha vez finalizada a época estival nas praias de Baiona valórase moi positivamente dende a Concellaría de Medio o traballo desenvolvido tanto polos membros de protección civil coma polos socorristas, tamén en medidas de asesoramento e información así como de asistencia aos bañistas.
Con respecto á concienciación este ano potenciáronse a información sobre as boas prácticas nos nosos areais, como a boa conduta de non fumar nas praias sen fume, que actualmente son catro,Concheira, Frades, Ribeira e Barbeira, moi ben valoradas polos seus usuarios (85% a favor), así como continuar coa campaña de concienciación sobre o uso axeitado da auga, tanto de duchas coma de Lavapiés.
O verán transcorreu sen ningunha incidencia grave destacable. O número de actuacións foi no total de todas as praias de 895 intervencións, das cales 458 foron incidencias debido a feridas e cortes, 185 picaduras de insectos e reaccións alérxicas, 90 picaduras de fanecas e ourizos, 42 golpes e contusións.
É de destacar as 36 actuacións a discapacitados, incrementando considerablemente sobre as do ano anterior. En boa medida débese ao ter adquirido unha nova cadeira anfibia e muletas para as persoas con mobilidade reducida en coordinación coa Concellaría de Accesibilidade.
O 11% restante recolle incidencias varias: localizacións de verteduras, etc…
Información das cookies
Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.