Inicio Baixo Miño A Guarda As Festas do Monte da Guarda estarán presentes na rede a través...

As Festas do Monte da Guarda estarán presentes na rede a través dun Magazine Especial

Este sábado as Festas do Monte estarán presentes na rede a través dun Magazine EspecialO Concello da Guarda, nunha decisión tomada en consenso coa Comisión de Festas e as Bandas Mariñeiras, decidiu suspender este ano as Festas do Monte ante a situación provocada pola pandemia do Covid-19 e, como xa se anunciou en datas pasadas, este ano non se realizarán verbenas, desfiles, romarías nin fogos artificiais, ante as medidas de seguridade hixiene e saúde pública decretadas.

Nunha acción, destinada a por en valor e recoñecer as tradicións propias das Festas do Monte, o Concello da Guarda vai a realizar na xornada deste sábado día 8 de agosto o “Magazine Especial – Festas do Monte 2020”, un evento online que se poderá seguir en directo a través das redes sociais do Concello da Guarda e das webs municipais www.aguarda.es e www.turismoaguarda.com.

Este “Magazine Especial – Festas do Monte 2020” arrancará ás 11:00h e, cunha duración aproximada de dúas horas, abordará diversas temáticas das Festas do Monte, contando con entrevistas, proxeccións de vídeos de pasadas edicións, montaxes fotográficas, actuacións musicais e moito máis.

O Magazine Especial – Festas do Monte 2020” estará dirixido polo locutor Jose Font e contará, entre outras intervencións, coa presencia do Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; do representante da Comisión das Festas do Monte, Manuel Castro; do historiador local J. Miguel Villa; do persoeiro local José Antonio Uris Guisantes; do Presidente da Asociación Piueiro, Joaquín Cadilla; do cantautor Tino Baz, entre outras personalidades.

O “Magazine Especial – Festas do Monte 2020” abordará temas propios da tradición das nosas festas, nunha mestura co ocio, a historia e as celebracións familiares vencelladas ás festas.

No apartado musical contarase coas actuacións de Tino Baz e do Grupo de Gaitas da Terceira Idade, ademais das proxeccións de vídeos, documentais e programas de TV emitidos sobre as Festas do Monte.

Agárdase que este evento online sexa seguido por milleiros de persoas ao longo de todo o mundo, nun formato adecuado á situación actual e que sirva xa de antesala para as vindeiras Festas do Monte, Festas de Interese Turístico de Galicia, que se celebrarán do 9 ao 16 de agosto de 2021.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies