Inicio Val Miñor Baiona Erizana CF e Instituto de Estudos Miñoranos, Medalla de Ouro do Concello...

Erizana CF e Instituto de Estudos Miñoranos, Medalla de Ouro do Concello de Baiona

Erizana CF e Instituto de Estudos Miñoranos, Medalla de Ouro do Concello de BaionaO Erizana C.F. e o Instituto de Estudos Miñoranos, distingidos coa ‘Medalla de Ouro’ do Concello de Baiona, máxima concecoración que pode outorgar a Corporación Municipal

A Comisión de Honras e Distincións tamén decidiu, por unanimidade, conceder o nomeamento de fillos adoptivos de Baiona a Marie Savariau Dreno e Román Pereiro Alonso e a distinción honorífica de Lazo de Honra a Pedro Novalbos

O Goberno local de Baiona, seguindo a liña emprendida polas anteriores corporacións municipais, vén de dar a coñecer os distintos galardóns cos que o Concello quere sumarse ao recoñecemento público de todas aquelas accións realizadas por persoas ou colectivos que, sendo ou non naturais do municipio, contribúan coas súas accións e traballo ao engrandecemento de Baiona.

Así, a Comisión de Honras e Distincións do Concello decidiu neste ano 2020 conceder a distinción honorífica de ‘Medalla de Ouro’, máximo galardón que pode outorgar a Corporación Municipal, ao Erizana C.F. e ao Instituto de Estudos Miñoranos (IEM).

A mesma comisión tamén acordou, por unanimidade, os nomeamentos de Filla Adoptiva de Baiona a Marie Savariau Dreno e Fillo Adoptivo de Baiona a Román Pereiro Alonso. Estas dúas distincións concédense, segundo o regulamento do Concello “a aquelas persoas que, sen ser naturais do municipio, destaquen polas súas actuacións extraordinarias e os seus méritos singulares en favor do municipio de Baiona”.

Finalmente a Comisión decidiu outorgar a distinción honorífica de ‘Lazo de Honra’ a Pedro Novalbos, dita distinción recoñece o traballo das persoas, asociación ou entidades “que realicen unha labor relevante no campo das artes e das letras, das ciencias, do social e das humanidades sempre que nas súas obras se diten ou exalten aspectos que afecten ao concello de Baiona”.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, aseguraba á hora de falar das diferentes distincións, que a concesión da ‘Medalla de Ouro’ ao Erizana e IEM, “eran de xustiza”. Polo Erizana, apunta o rexedor baiones, “teñen pasado dende os anos 50, ano tras ano, xeracións enteiras de baioneses e baionesas que, amais de practicar deporte, ’empapáronse’ dos valores que transmite a práctica deportiva como o compañeirismo, o traballo en equipo ou a solidariedade”.

Pola súa banda o Instituto de Estudos Miñoranos, leva anos traballando arreo “e de forma altruista” para conservar e transmitir “a historia, patrimonio e cultura de Baiona e as súas parroquias e preservando estes coñecementos para as vindeiras xeracións”.

No caso de Marie Savariau e Román Pereiro, filla e fillo adoptivo de Baiona, respectivamente, o rexedor local, fixo fincapé no xeito en que “dende as súas respectivas áreas, levan anos traballando a prol do municipio. Marie Savariau, que traballa para estreitar, cada día máis, os lazos de irmandamento entre Baiona e Pornic e en ampliar a dimensión internacional que ten o noso municipio e Román Pereiro, como un dos principais promotores de ‘Atlántica’, un fenómeno artístico e sociolóxico a nivel nacional e que tivo en Baiona o seu lugar de nacemento”.

Por último, Carlos Gómez, amosaba a súa satisfacción polo ‘Lazo de Honra’ concedido a Pedro Novalbos “unha persoa que máis que traballou e loitou para que Baiona puidera amosar na Casa da Navegación, a veciñanza e visitantes, todo o patrimonio histórico que se tiña atopado no fondo da baía de Baiona e que permanecía agochado nun almacén do Museo de Pontevedra”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies