Inicio Baixo Miño A Guarda Presentan a remodelación dos accesos á praia do Muiño da Guarda

Presentan a remodelación dos accesos á praia do Muiño da Guarda

Presentan a remodelación dos accesos á praia do Muiño da GuardaO proxecto medioambiental de Visit Miño en Camposancos responde á demanda histórica de rexeneración da zona ”onde as persoas e a natureza son agora o centro de todo”

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, inaugurou, xunto ao deputado e director da AECT, Uxío Benítez e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, os novos accesos á praia do Muiño, en Camposancos, porta do espazo natural protexido do Esteiro, impulsado co proxecto “Visit Río Miño”, dentro das actuacións para a creación do “Anel Verde do Miño”, que consiste nunha rede de sendeiros que comprende máis de cen quilómetros de ciclovías e camiños pedestres entre Galicia e Portugal.

Supuxo un investimento de case 200.000 euros para recuperar e rexenerar toda a contorna preservando e protexendo o espazo, de alto valor ecolóxico. Tamén se mellorou a accesibilidade e os servizos de praia, a regulación do tráfico, a instalación dunha nova pasarela de madeira, a creación dunha plataforma peonil e a rexeneración do areal. Esta actuación permite recuperar unha das zonas máis importantes para o concello dende un punto turístico e medioambiental.

Benítez remarcou os novos accesos á praia do Muíño no marco do proxecto europeo “Visit Rio Miño”, facendo fincapé na “importancia da cooperación transfronteiriza para o desenvolvemento económico da zona do Río Miño, para ser máis fortes e impulsar proxectos que nos permitan atraer máis visitantes”. Uxío Benítez asegurou que a actuación do Muíño terá continuidade porque o obxectivo é “unir a través dunha senda todo o Río Miño dende A Guarda ata Crecente e dende Melgaço ata Caminha, para que poidamos ofrecela como produto turístico transfronteirizo a todo o mundo”.

Pola súa banda, a presidenta provincial, quen aproveitou para enxalzar o proxecto Visit Río Miño, destacou que os accesos á praia do Muíño “nada teñen que ver co que había aquí fai moi poucos meses”, xa que “transforma un lugar único para convertelo nun lugar máis que único, máis atractivo, recuperando aquilo que nos regalou a natureza e aquí ten un valor incalculable. Na Deputación cremos que as administracións públicas están para cambiar, transformar, mellorar e crear riqueza e este tipo de proxectos conségueno”.

Nesta mesma liña incidiu Antonio Lomba, asegurando que a actuación trátase “dun soño cumprido”. O alcalde destacou que “as administracións públicas temos que impulsar actuacións acordes co lugar onde estamos, e creo que este proxecto é merecedor do cualificativo de sobresaínte, porque está moi ben integrado co medio ambiente e presta un servizo de interese”. Así, Lomba recordou que “non fai moito esta zona era un terreiro, sen espazo para as persoas e nós queríamos recuperala para o tránsito peonil e para conectar tamén a senda litoral e a fluvial do río Miño”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies