spot_img
InicioBaixo MiñoAs festas de San Roque e o Concerto de verán de acordeóns...

As festas de San Roque e o Concerto de verán de acordeóns Mascarenhas danse cita esta fin de semana en A Guarda

as-festas-de-san-roque-e-o-concerto-de-veran-de-acordeons-mascarenhas-danse-cita-esta-fin-de-semana-en-a-guarda

Con moita mágoa, os guardeses e as guardesas despediron esta semana, o pasado luns día 15 de agosto, as Festas do Monte ata o próximo ano. Pero a festa, o entretemento e a troula non paran en A Guarda.

Dende o venres día 19 e ata o domingo 21 de agosto, o barrio de Salcidos acolle as Festas na honra de San Roque. A celebración comeza o venres cunha churrascada e a Noite DJ a partir das 20 horas.

O sábado a celebración contará cos pasarrúas que percorrerán as rúas do pobo. Á noitiña a Gran Verbena das Festas de San Roque terá como actuacións estelares á orquestra Olympus e a Amazonas.

O domingo ás 11 horas será a presentación da Banda de Música de Redondela na praza do Coruto. E a continuación, ás 12 horas, ofrecese a misa solemne tras a cal a Banda dará un concerto. Pola tarde, haberá as tradicionais poxas, seguidas da actuación dun grupo musical.

Ademais, tamén esta fin de semana poderase desfrutar en A Guarda do concerto de verán de acordeóns Mascarenhas. Este evento, organizado pola Asociación Cultural Mascarenhas en colaboración co Concello de A Guarda, terá lugar o sábado día 20 ás 20 horas no Centro Cultural. Contará coa participación do Grupo Mascarenhas e do Grupo Lembranzas de O Rosal.

Como se pode comprobar, aínda que remataran as festas máis recoñecidas de A Guarda, a vila segue a ter moito que ofrecer. A oferta cultural e de lecer continuará coa súa ampla variedade para que os visitantes, así como os guardesas e guardeses podan desfrutar ó máximo da vila e do que queda do verán.

- Publicidade -spot_img