Inicio Pontevedra Baixo Miño O Festival de Bandas de Música de Tui celebra este sábado un...

O Festival de Bandas de Música de Tui celebra este sábado un cuarto de século na Praza de San Fernando

 Banda de Música de Tui

A Banda de Música Popular de Tui será a anfitrioa dun concerto que comezará as 22:00 e que terá como convidada á Banda de Música de Catoira

 Este sábado, 20 de agosto, o Festival de Bandas de Música celebra o seu XXV aniversario. A cita será as 22:00 horas na Praza de San Fernando onde a Banda de Música Popular de Tui será a anfitrioa deste concerto que, nesta edición, conta coa presenza da Banda de Música de Catoira.

A Banda de Música Popular de Tui, dirixida por Adolfo Besada Álvarez, interpretará o pasodobre “Lola Lúján” de Manuel Galduf, a zarzuela “La Gran Vía” de Federico Chueca, a suit “Reflections of this time” e “Interplay for band” de Tedd Huggens e a selección de temas de “The cream of clapton” de Eric Clapton.

Pola súa parte, a Banda de Música de Catoira, comandada por Carlos Figueira Abuín, interpretará o pasodobre “Ponteareas” de R. Soutullo, a zarzuela “El bateo” de F. Chueca, “Armenian dances” de Alfred Reed e “Riverdance” de Bill Whelan.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies