spot_img
InicioO MorrazoBueuAs bandeiras azuis xa ondean nas praias de Bueu

As bandeiras azuis xa ondean nas praias de Bueu

As bandeiras azuis xa ondean nas praias de BueuO Concello de Bueu izou este venres as bandeiras azuis nas súas praias

Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, participarou no acto simbólico de izado de Bandeiras Azuis que tivo lugar este venres ao mediodía no areal de Portomaior, e no que tamén estiveron os concelleiros Alberto Moital e Ricardo Verde.  O municipio bueués mantén para este verán as catro bandeiras azuis nas praias de Area de Bon, Portomaior, Lagos e Lapamán, das que ADEAC valorou a calidade das augas, a información e educación ambiental, a seguridade, os servizos e as instalacións. Ademais, a vila morracense consegue o distintivo azul para o sendeiro de Cabo Udra e a Aula da Natureza deste espazo, así como para o Centro de Interpretación de Agrelo, inaugurado a finais de 2015 tras ser rehabilitado polo goberno municipal.

A concelleira de promoción económica e a brigada de obras e servizos estiveron traballando nas semanas previas co fin de poñer a punto todos os servizos previos ao izado das bandeiras: duchas, baños e papeleiras. Ademais arranxáronse as casetas de socorrismo, e nas próximas semanas substituiranse as pasarelas de madeira que se atopan en mal estado. E ao igual ca o ano pasado, aplicaranse todos os criterios e recomendacións establecidos pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia en relación coa prevención da Covid-19 nas praias de Galicia, que teñen que ver sobre todo co incremento das frecuencias de desinfección dos baños e vestiarios. Carballo apela á responsabilidade cidadá para que se cumpran todas as medidas estipuladas e as praias estean nas mellores condicións posibles.

- Publicidade -spot_img