O Concello de Nigrán izou hoxe as bandeiras azuis nos areais de Patos e Praia América. Nesta praia ondea ininterrompidamente desde 1990.
Ao acto asistiron o Alcalde xunto os edís da corporación e representantes dos socorristas, que precisamente comezaban hoxe co seu traballo (en total, a Mancomunidade contratou a 25 para Nigrán e Baiona).
A ADEAC valora entre os criterios para obtela a calidade das augas de baño, información e educación ambiental, xestión ambiental e seguridade, servizos e instalacións.
Aos seus dous distintivos de bandeira azul, Nigrán suma o Sendeiro Litoral do Ecosistema Dunar de Praia América-Panxón.
Ademais, en Praia América, Panxón, Patos e Area Fofa ondean desde o mes pasado as bandeiras Ecoplayas outorgadas desde ATEGRUS ‘Asociación Técnica para a Xestión de Residuos e Medio Ambiente’




