spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPoñer en valor o territorio da provincia de Pontevedra obxetivo do proxecto...

Poñer en valor o territorio da provincia de Pontevedra obxetivo do proxecto “Depo Andainas” promovido pola Deputación

depoandainas

As persoas interesadas en participar na primeira andaina, que terá lugar o domingo 10 de xullo e percorrerá a ruta dos petróglifos de Campo Lameiro, deberán inscribirse en http://www.depo.es/temas-deportes/depo-andainas

A Deputación de Pontevedra, co obxectivo de poñer en valor o territorio da nosa provincia, impulsou unha serie de melloras no programa “Sendeiros Rías Baixas” para convertelo en “Depo Andainas”. A través deste novo proxecto, realizaranse catro andainas que percorrerán a ruta dos petróglifos de Campo Lameiro (o vindeiro 10 de xullo), Cíes e o sendeiro azul de Nigrán (setembro), a fervenza de Pazos e o Mosteiro de Carboeiro de Silleda (setembro) e a ruta dos cons en San Vicente (outubro).

O renovado “Depo Andainas” modificou o plantexamento do anterior programa, co obxectivo de convertelo nunha actividade gratuíta que impulse hábitos saudables, promova o territorio e impulse a preservación do medio ambiente da provincia de Pontevedra. Entre as principais novidades encóntranse desde a propia celebración das rutas, escapando dos días máis calorosos do verán, ata engadir dous autobuses para trasladar ós participantes, incluír ás Illas Atlánticas no programa e impulsar a participación dos concellos. Neste eido, os concellos convértense nos protagonistas das andainas, plantexando ós participantes a posibilidade de comer na localidade, organizar visitas turísticas ós principais enclaves dos mesmos e implicalos na propia promoción das andainas, entregándolles 3.000 folletos, 1.000 carteis e realizando dinamización en redes sociais así como charlas para explicar o percorrido a realizar e aconsellar sobre vestiario e alimentación.

Tamén serán novidades do programa “Depo Andainas” as charlas e actividades medioambientais que se realizarán durante os percorridos e a apertura da participación a aquelas persoas que non empreguen o autobús para desprazarse ata os lugares das andainas.

Todas as usuarios e os usuarios que participen nas andainas recibirán un poncho. As e os que participen en dúas ou máis camiñatas serán premiados cuns bastóns.

A inscrición nas andainas realizarase mediante un formulario que se atopa na páxina web www.depo.es.  Aqueles que queiran inscribirse na primeira andaina, que terá lugar o vindeiro 10 de xullo en Campo Lameiro, poderán realizalo xa a través da web da Deputación de Pontevedra  http://www.depo.es/temas-deportes/depo-andainas

 

- Publicidade -spot_img