Inicio Galicia Compostela A Fundación Refuxio de Animais de Bando organiza a VII edición do...

A Fundación Refuxio de Animais de Bando organiza a VII edición do “MiniCanmiño”

A Fundación Refuxio de Animais de Bando organiza o próximo sábado 2 de xullo a sétima edición do MiniCanmiño, unha singular peregrinación que ten como obxectivo concienciar á cidadanía sobre o abandono de animais.

Xa está confirmada a participación duns 20 voluntarios, que guiarán a dez cans do refuxio, así como padriños e madriñas dalgúns dos 400 cans que residen en Bando. Tamén pode sumarse á iniciativa calquera persoa que adoptara unha mascota no Refuxio ou que estea sensibilizada con esta problemática.

A marcha comezará ás 10:30 horas no Refuxio de Bando e está previsto que os “peregrinos” cheguen ás 13:30 horas á Alameda. Alí, ao longo de toda a mañá haberá distintas actividades organizadas pola Fundación Refuxio de Animais para dar a coñecer o seu labor. Tamén haberá unha mesa informativa na que se explicará como se pode ser voluntario, como apadriñar un animal ou como facer achegas e colaboracións.

Pola tarde celebrarase a “Pasarela da adopción”, onde se mostrarán algúns cans apadriñados e outros que non o están, e contaranse as súas historias. A actividade rematará en torno ás 21:00 horas.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies