·Publicidade ·spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorArranca a vendimia na finca Castelo de Soutomaior

Arranca a vendimia na finca Castelo de Soutomaior

Arranca a vendimia na finca Castelo de SoutomaiorA adega Enoturismo Acha, con 25 persoas traballadoras, encargarase da colleita na que se agarda recoller ata 15 toneladas de uva nas 4 hectáreas de viñedos do recinto

Este mércores arrancou a vendima nas catro hectáreas de viñedos da finca do Castelo de Soutomaior, unha recolección da uva que este ano realiza a adega Enoturismo Acha SL, de Baión, que foi a adxudicataria da poxa da Deputación cunha oferta de 1,36 euros por quilo de uva albariña recollida e de 1,1 euros para as outras variedades brancas (godello e torrontés). Prevese recoller ata 15.000 quilos entre uva albariña e variedades nas dúas xornadas nas que se desenvolverá a colleita, na que están a participar 25 persoas traballadoras.

Desde o cambio de goberno na Deputación no ano 2015, adoptouse este sistema de poxa pública para a recollida da uva da finca. A empresa adxudicataria leva a cabo a vendima na mesma leira do castelo, e encárgase do traslado á súa adega. O único criterio de adxudicación que se ten en conta é a poxa máis alta, partindo dun prezo mínimo establecido.

Os viñedos do Castelo de Soutomaior, que se estenden en 4 hectáreas (o recinto ten unha extensión de 33) foron plantados nos anos 80, cando a Deputación de Pontevedra se fixo cargo da fortaleza e os seus xardíns. A explotación distribúese nunha parte con terreos tipo castel e en terrazas, e outra sobre terreos húmicos, fértiles e con cuberta vexetal suficiente, o que fai que as producións non sexan moi altas. A uva é autóctona, na súa maioría albariño, habendo outras variedades tanto brancas (godello, torrontés, loureiro e treixadura) como tintas (mencía e sousón).

- Publicidade -spot_img

Publicidade
Publicidade