spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda'Anónimas camposinas' un homenaxe as mulleres da Guarda con motivo do 25N

‘Anónimas camposinas’ un homenaxe as mulleres da Guarda con motivo do 25N

'Anónimas camposinas' un homenaxe as mulleres da Guarda con motivo do 25NO proxecto Anónimas camposinas, está promovido e desenvolto pola artista Gemma Marqués, autora de Anónimas. Retratos de musas cotiás, no marco das iniciativas do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia. Nel colabora tamén a Entidade Menor de Camposancos.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou onte Camposancos xunto á artista Gemma Marqués para ver os murais nos lavadoiros

“Trátase dun dos proxectos máis singulares e significativos do Fondo Xacobeo 2021, que contribúe a poñer en valor a figura da muller camposina por medio de catro murais en lavadoiros que, á súa vez, homenaxea os oficios tradicionais femininos desta terra e pon en valor a lingua galega”, explicou o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que visitou o traballo xa finalizado no lavadoiro de Salgueiró, acompañado pola artista.

O proxecto Anónimas camposinas. Pintura mural feminista, está promovido e deseñado pola pintora Gemma Marqués. Intégrano catro murais exteriores inspirados nos oficios tradicionais das mulleres rurais de Camposancos (A Guarda, Pontevedra), que se enmarcan, á súa vez, no proxecto feminista Anónimas. Retratos de musas cotiás, reivindicativo das mulleres anónimas, nais, avoas, fillas, traballadoras e loitadoras cuxo labor e esforzo diario non é abondo recoñecido. A iniciativa poderase ver, xa finalizada, nas vindeiras semanas, en catro lavadoiros do lugar.

Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 é un repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega creado pola Xunta de Galicia no marco do Plan de reactivación do sector cultural fronte aos efectos derivados da covid-19. O devandito repositorio, integrado por contidos tanto virtuais coma presenciais, así como por outros servizos de materiais e produción, persegue os obxectivos de dinamizar a lingua propia de Galicia, inxectar fondos e apoiar artistas, creadores e empresas do eido cultural no contexto da crise da covid-19 e abrir unha vía para a continuidade, viabilidade e visibilidade da oferta e do consumo de propostas lingüísticas e culturais.

- Publicidade -spot_img