spot_img
InicioVal MiñorBaionaAdrían Martíns atravesará España para dar visibilidade aos cabalos salvaxes da Serra...

Adrían Martíns atravesará España para dar visibilidade aos cabalos salvaxes da Serra da Groba e as enfermidades reumatoides

Adrían Martíns atravesará España para dar visibilidade aos cabalos salvaxes da Serra da Groba e as enfermidades reumatoidesO alcalde de Baiona, Carlos Gómez, despediu esta mañá ao aventureiro e primeiro criador de Galicia de pura raza galega de cabalos Garranos,Adrián Martíns, que comezou a súa expedición ‘’Travesía a España  para dar visibilidade aos cabalos salvaxes da Serra da Groba e as enfermidades reumatoides”

Revista COUSAS DE Nº17

Partindo desde Baiona, concretamente desde o Paseo Ribeira, va acompañado de Galo e Grelo, dous dos seus cabalos desta raza autóctona que cabalga salvaxe polos montes de Baiona, por outro xinete que o acompañará na súa travesía, e Luís Piñeiro, cinematrógrafo, que tamén os acompaña na travesía para grabar un documental sobre este tipo de cabalos e a superación dunha enfermidade coma a artrite reumatoide que padece Martíns.

“Esta aventura supoñerá a realización de moitos quilómetros entre Baiona e Cádiz.  A travesía dividirase en dúas etapas, 450km máis ou menos,  de vez ata Salamanca  para completar a viaxe no outono, cando o tempo arrefríe, ata Cádiz.”, subliñou Martíns.

Baiona organiza un Safari Etológico en busca dos cabalos salvaxes do Alto da Groba

O xinete detallou que se trata  “Dunha viaxe de aventura,  con roupa e tendas de campañas nas mochilas,  sen coche escoba, un pouco “enxebre” que é o que tamén caracteriza a este tipo de cabalos. Cabalos moi adaptados a rodar,segundo as súas palabras, que se sentía moi ilusionado coa  grabación de  toda a vivencia deste viaxe tan especial“.

Segundo as súas estimacións Chegarán a Salamanca entre o sábado ou o domingo facendo unha media de 40 ou 45 quilómetros o día”.

O xinete destacou a colaboración do Concello de Baiona “na viaxe así como a aposta que dende a administración local se fixo a iniciativa Safari Etolóxico de Garranos  e o apoio por dar visialización a este tipo de cabalos autóctonos”.

Adrián Martins e o departamento de Turismo do Concello de Baiona veñen traballando estreitamente na posta en marcha destas inciativas para dar a coñecer a riqueza da fauna e a flora dos montes de Baiona, así como a súa peculiar beleza.

A proposta enviada e formulada por este departamento municipal do Concello de Baiona aos premios “Green Destination 2022 Global Top 100” foi elixida como unha das boas prácticas e exemplo a seguir nos avances do turismo sostible entre os destinos QualityCoast.

O “Safari Etolóxico de Garranos” posto en marcha por Fincas Moreiras en colaboración co Cocello de Baiona recibiu o recoñecemento durante a feira do turismo ITB, que se celebrou en Berlín fai uns meses.

- Publicidade -spot_img