Inicio Val Miñor Nigrán Actuacións musicais e actividades para todos os públicos compoñen a segunda edición...

Actuacións musicais e actividades para todos os públicos compoñen a segunda edición de Vive Nigrán

actuacions-musicais-e-actividades-para-todos-os-publicos-componen-a-segunda-edicion-de-vive-nigranOs asistentes ao festival poderán gozar do Concerto Mahou Cinco Estrellas de Sidonie ou a música de Nathy Peluso, Depedro, Mueveloreina, Bigott, The Limboos ou Esteban & Manuel, entre outras propostas.

Vive Nigrán, o “Picnic Pop Festival” que terá lugar no entorno máxico de Praia América (Nigrán) os días 20 e 21 de xullo presentou esta mesma mañá a súa programación completa baixo a presenza de Juan González, alcalde de Nigrán; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Hugo Pérez, brand manager de Mahou e Juan Rivas, un dos directores do Festival, nun acto estivo amenizado coa música da banda viguesa Maryland.

Na súa intervención, Carmela Silva asegurou que o festival “manifesta a aposta de Nigrán pola cultura e pola industria musical que en toda a provincia de Pontevedra está a cobrar un especial significado” e destacou dous aspectos que promove “Vive Nigrán” e están relacionados “con dúas cuestións que para a Deputación de Pontevedra son fundamentais: a sustentabilidade e a igualdade”.  Pola súa banda o alcalde de Nigrán, Juan González, seguindo as declaracións da presidenta provincial, asegurou que “o ano pasado foi un éxito parcial porque este ano vai ser o ano da consolidación de “Vive Nigrán” como un dos grandes festivais galegos”. Neste contexto, González agradeceu á Deputación a promoción do festival no marco dos #RíasBaixasFests, “xa que nos da máis forza e nos fai máis coñecidos. Somos sete festivais que non competimos entre nós, senón que colaboramos para ser unha referencia a nivel estatal e europeo”.actuacions-musicais-e-actividades-para-todos-os-publicos-componen-a-segunda-edicion-de-vive-nigran

A organización pretende facer deste evento un punto de encontro único entre as persoas asistentes, os profesionais do sector e público familiar que poderá gozar dunha programación musical que quedará artellada do seguinte xeito: o venres 20 actuarán Depedro, Nathy Peluso, Maryland, Mujeres, Calavento, Mireia Vilar, Odd Cherry Pie, Esteban & Manuel e Abraham Boba DJ set (León Benavente); e o sábado 21 os asistentes poderán gozar do Concerto Mahou Cinco Estrellas de Sidonie, The Limboos, Mueveloreina, Bigott, Las Odio, Alondra Bentley, Calavera, Inerttes, Indian Hawk, Sidonie DJ set, Esteban & Manuel DJ set e Picnic Pop DJ.

Integrante dos Fest Galicia da Xunta de Galicia e incluído no circuito Rías Baixas Fests, Vive Nigrán será a última das paradas que forman parte deste roteiro estival da Deputación de Pontevedra. A aposta do Concello de Nigrán, que conta tamén co patrocinio da cevexeira Mahou, pretende continuar sendo un referente para as persoas afeccionadas á música en directo nun espazo natural único con concertos a pé de praia e actividades paralelas para poder vivir Nigrán en familia ou con amizades dende a mañá ata a noite.

Actividades paralelas e entradas

O festival continuará apostando por fusionar a música con experiencias ao aire libre. Ademais da vintena de propostas musicais do seu cartel, as persoas asistentes terán á súa disposición dende xogos e talleres, ata unha gran oferta gastronómica a cargo de foodtrucks e un mercadiño. A edición deste ano contará tamén cun Espazo Mahou deseñado específicamente para Vive Nigrán. Será un punto de encontro no que se poderá gozar de distintas sesións de DJ ao longo da fin de semana e ao que Mahou levará a Abraham Boba DJ Set (León Benavente) para a noite do venres e a Sidonie DJ Set para amenizar a sesión do sábado ao mediodía. As actividades para crianzas veranse notablemente reforzadas e tamén se lles inculcará aos máis pequenos e pequenas da casa o hábito de reciclar a través de actividades lúdicas e dinámicas levadas a cabo por Ecovidrio.

Aínda que a organización dará a coñecer as súas actividades paralelas completas nas próximas semanas, Juan Rivas -codirector do evento- adiantou que nesta edición celebrará o Foro Profesional Estudios Mans que levará o nome “Claves, oportunidades e innovación na cultura e industria musical” e no que participarán Gema Sánchez (coordinadora do programa Artistas en Ruta da AIE), Víctor Lenore (xornalista e crítico musical), Jaime García Cantero (El País Retina) e Rafa López (xornalista cultural).

Esta non é a unica colaboración que o festival emprende nesta edición: a os vigueses Inerttes tocarán no festival tras gañar o concurso de SonidosMans; e os emerxentes Indian Hawk, Mireia Vilar e Odd Cherry Pie farano a través do programa da Deputación de Valencia “Sona la Dipu”.

As persoas interesadas en adquirir as súas entradas para asistir a Vive Nigrán xa poden facelo a través da propia web do festival, www.vivenigran.com, na que se poden adquirir os abonos de dous días por 30 € ou as entradas para asistir soamente un día a un prezo de 16 €. As entradas tamén estarán dispoñibles en puntos de venda físicos como Elepé e La Juakina en Vigo, Plaza Fitness Sport Center e Chac – Mool en Nigrán, Doppler e Torgal en Ourense, A Reixa tenda en Santiago de Compostela e Carnaby en Pontevedra.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies