spot_img
InicioBaixo MiñoO interese polo pintor Antonio Fernández converte a Goián en centro de...

O interese polo pintor Antonio Fernández converte a Goián en centro de actividades artísticas para todo público

As actividades culturais de verán da Aula Museo Antonio Fernández, de Goián, vanse consolidando cada ano que pasa. O interese espertado polas visitas aos estudos de artistas locais tomiñeses; as saídas de campo e fotográficas; as exposicións e as charlas sobre arte en xeral para público infantil e adulto, contribuíu á organización, un verán máis, de distintas actividades que veñen a sumarse ao xa tradicional Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández, que este ano se celebra o domingo 19 de agosto, en Goián.

Dentro das actividades programadas para este verán, están as especificamente dirixidas a persoas adultas e outras, para nenos e nenas. Entre as primeiras destaca a Ruta Artes e Oficios. Trátase de visitas gratuítas concertadas con varios dos artistas locais, os xoves 12 e 26 de xullo (Lylilla Pobornikova, Nando Álvarez e Antúnez Pousa) e 9 e 30 de agosto (Pilar Alonso e Xuxo Vázquez) con saída dende a propia Aula-Museo Antonio Fernández, ás 20.30h.

ÉRASE UNHA VEZ… A ARTE: ARTISTAS DO MUNDO

Proxecto educativo que nace do convencemento de que a arte, ademais de ser unha parte importante da cultura e tradición, axuda a potenciar a imaxinación na infancia e as relacións interpersoais derivadas do traballo en grupo. Esta actividade, de balde, engloba unha serie de obradoiros que teñen a finalidade de dar a coñecer a vida e obra de persoas artistas destacadas na historia da arte, coma Picasso, Chagall, Kandinsky, Matisse ou Frida Kahlo, entre outras. Na Aula Antonio Fernández (Goián), as mañás dos venres do mes de agosto.

SAÍDA FOTOGRÁFICA ANTONIO FERNÁNDEZ

Unha das facetas coñecidas de Antonio Fernández era a de fotógrafo e moitas das imaxes que tomaba eran utilizadas logo como base para o traballo no estudo, no que creaba e remataba a  maior parte das súas pinturas. Os nenos e nenas experimentarán a forma de traballar do pintor, escollendo as cousas ou paisaxes que máis lle chamen a atención, percorrendo os mesmos lugares que o artista goianés. Xoves 19 de xullo, de 11.00 a 13.00 horas, no Forte de San Lourenzo (Goián), para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

SAÍDA CADERNO DE ARTISTA ANTONIO FERNÁNDEZ

Unha das pezas máis singulares da Aula Museo Antonio Fernández é o caderno de debuxos de cando o pintor era pequeno; cadernos que sempre empregaría para, por exemplo, realizar bosquexos. Nesta saída, tamén de balde, os nenos e nenas deberán asistir con caderno e lapis para visitar algúns dos lugares favoritos do pintor e debuxar, tentando comprender a súa forma de traballar. Na Aula Antonio Fernández (Goián).

DESEÑANDO A NOSA EXPOSICIÓN

Obradoiro dirixido a aqueles nenos e nenas que participaron nalgunha das saídas, fotográfica ou de caderno de campo. A idea é que os propios nenos e nenas sexan capaces de deseñar e montar unha exposición cos traballos realizados, coñecendo dun xeito ameno e divertido todo o proceso que segue ata a inauguración da mostra. Esta estará aberta ao público do 25 ao 31 de agosto, na Aula Antonio Fernández (Goián).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.