spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Club Ría de Mar de Aldán campión galego en Lugo

O Club Ría de Mar de Aldán campión galego en Lugo

o-club-ria-de-mar-de-aldan-campion-galego-en-lugoLugo acolleu a celebración do Campionato Galego para as categorías Alevín, Benjamín e Pre Benjamín, na modalidade de K1.

Á cita lucense desprazáronse 31 equipos con máis de 400 deportistas e ao termo das oito probas das que constaba a competición, o equipo do Club de Mar Ría de Aldán conseguía a vitoria final cun total de 5346 puntos, a segunda posición con 5188 puntos foi para o Club Náutico Firrete, mentres que o terceiro posto con 3757 puntos levoullo o Club Náutico O Muiño Stark Group.

As medallas individuais estiveron moi repartidas ao longo da mañá en todas as categorías. A primeira saída foi para os homes Pre benjamín onde as tres primeiras posicións ocupáronas Mateo Allegue (Náutico Firrete), seguido por Pablo Contiñas (O Muiño) e Lucas Díaz (Piragüismo Olívico).

Na clasificación feminina a vencedora foi Sabela Fernández (Piragüismo Rianxo- Toffe), mentres que Iria Guimarey (Náutico Cobres) foi segunda e terceira *Ángela Abel ( Cidade de Lugo). Os seguintes en participar foron os homes Benjamín, categoría na que levou a medalla de ouro Gael Bernal (Piragüismo Verducido), a prata sería para Iván Dovalo (Piragüismo Cambados) e o bronce levaríallo Hugo Méndez (Cabanas KDM).

Pola súa banda, Carla Santos (Náutico Pontecesures) gañou a proba en mulleres por diante de Sofía Parada (Piragüismo Cambados) e Xiana Rodríguez (Fluvial Allariz). Natalia Moreira e Alicia Otero (E. P. Cidade de Pontevedra) ocuparon o primeiro e segundo posto da categoría muller Alevín B, terceira foi Aroa Rodríguez (Ría de Betanzos). Sería Daniel Torres (Piragüismo Portonovo) o campión masculino, chegando a meta por detrás del Borja López e Néboa ambos os do Piragüismo Narón.

As dúas últimas competicións foron para os homes e mulleres Alevíns A, ocupando as tres primeiras posicións do podio feminino Daniela Álvarez (Río Verdugo), Ainhoa Lorenzo (Náutico Pontecesures) e Celia Montero (Náutico Firrete) respectivamente. A carreira masculina gañábaa David Silva (Piragüismo Portonovo), en segunda e terceira posición cruzaban a liña de meta Óscar Allegue (Náutico Firrete) e Noé Moraña (Piragüismo Portonovo).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.