Inicio O Condado Acordo para a renovación estrutural da ponte internacional entre Salvaterra de Miño...

Acordo para a renovación estrutural da ponte internacional entre Salvaterra de Miño e Monçao e a súa ampliación para instalar un carril bici

Acordo para a renovación estrutural da ponte internacional entre Salvaterra de Miño e Monçao e a súa ampliación para instalar un carril biciA Xunta de Galicia e o Goberno portugués acordaron onte impulsar conxuntamente a renovación estrutural da ponte internacional que une Salvaterra de Miño e a localidade lusa de Monçao.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reuniuse onte no Porto co vicepresidente da empresa pública Infraestruturas de Portugal, José Serrano Gordo, nun encontro no que se decidiu iniciar a tramitación dun convenio internacional para a reforma da ponte e a súa posterior ampliación para instalar un carril bici.

Na reunión tamén participaron o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e o presidente da Cámara Municipal de Monçao, António Barbosa.

De acordo co traballo técnico previo que se vén desenvolvendo e ambos os dous lados da fronteira, a Xunta e o Goberno luso fixaron hoxe unha folla de ruta para acometer a necesaria mellora da ponte internacional, que o vindeiro ano cumprirá 25 anos e rexistra cada día o paso de máis de 9.000 vehículos.

O convenio que tramitarán o Goberno galego e Infraestruturas de Portugal permitirá acometer obras de reforma estrutural na ponte por un importe de case 700.000 euros, que financiarán ao 50% ambas as dúas administracións. Paralelamente, comezará a traballarse na redacción do proxecto construtivo para ampliar a estrutura e dotala dun carril bici.

Esta ponte, recentemente bautizada como Ponte Joâo Verde e Amador Saavedra, en honor aos poetas das dúas beiras do Miño que escribiron sobre a unión das vilas, celebrará as súas vodas de prata en marzo de 2020.

Na actualidade, os veciños de Monçao e Salvaterra comparten servizos, espazos de lecer, infraestruturas e tamén as vantaxes funcionais de ser unha pequena eurocidade. Neste sentido, hai que seguir avanzando e facilitando o seu día a día a través de proxectos como este de mellora da ponte.

O Goberno galego e Infraestruturas de Portugal coinciden na importancia de potenciar as relacións na Eurorrexión a través das Infraestruturas de comunicación, o que incide no progreso económico e na calidade de vida.

Na reunión, a conselleira de Infraestruturas tamén trasladou o compromiso da Xunta coa mellora das comunicacións co Norte de Portugal, e manifestou a súa confianza en que o vindeiro Goberno de España comparta esa aposta e aproveite os mecanismos de financiamento europeo para impulsar a saída sur de Vigo ou unha nova conexión por autovía que lle dea acceso á poboación do país veciño á liña do AVE entre Galicia e Madrid.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies