Inicio Baixo Miño Éxito de participación na III edición de Barbeiros Solidarios a favor da...

Éxito de participación na III edición de Barbeiros Solidarios a favor da Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade

Éxito de participación na III edición de Barbeiros Solidarios a favor da Asociación de Persoas con Discapacidade VontadeA III edición de Barbeiros Solidarios a favor da Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade pechou cunha recadación total  de 2.508€, superando en máis de 600€ a edición do ano pasado.

Un total de 26 perruqueiros e perruqueiras chegados dende Valladolid, A Coruña, Ourense,
Pontevedra e concellos dos arredores de Tomiño, colaboraron na III edición de Barbeiros Solidarios a favor da Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade. Durante este pasado domingo, 6 de outubro, dende as 11 horas e ata as 18 horas, na Praza do Seixo, realizaron máis de 300 traballos entre cortes de pelo, peiteados, afeitados, barbeados, depilacións, entre outros.
Éxito de participación na III edición de Barbeiros Solidarios a favor da Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade
Como novidade desta edición, as persoas usuarias do centro de recursos de Vontade aportaron o seu gran de area ao colaborar nas tarefas do evento e tamén atendendo un pequeno posto de artesanía realizada por elas e eles mesmos nos obradoiros nos que participan no centro.
Tamén este ano houbo inchables e xogos tradicionais para os máis cativos, e música en directo coa Argonat Band e Laura Ocampo que, de maneira desinteresada, colaboraron con Vontade amenizando as primeiras horas do evento. Outro dos pasatempos para as persas que se achegaban á Praza do Seixo foi un photocall realizado polas persoas usuarias do centro, onde as persoas asistentes puideron sacarse fotos do antes e despois de pasar polas mans dos profesionais da perruquería.
A edición deste ano foi todo un éxito, segundo a organización. Recadáronse 2.508€ procedentes dos cortes de pelo e tamén de donativos, polo que se chegou a superar en 600€ a contía recadada na edición anterior.
Éxito de participación na III edición de Barbeiros Solidarios a favor da Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade
Dende Vontade queren agradecer a colaboración desinteresada de todas as empresas e comercios que axudaron coas súas aportacións como comida e bebida (Hotel Nova Colina, Disgobe, Tomipan Flor y nata, Woody Pool, Taperia Os Casqueiros), son, inchables e xogos (Festa A Esgalla), temas de impresión (RM Dixital), préstamos de carpas, produtos para as e os profesionais de barbería e perruquería (Mediavita), prantas para a decoración do evento (Casaita), ademais do concello de Tomiño por toda a súa colaboración prestada para que este evento se puidera levar a cabo.
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies