Inicio Galicia Deportistas olímpicos axudarán a concienciar na loita contra a violencia de xénero

Deportistas olímpicos axudarán a concienciar na loita contra a violencia de xénero

Deportistas olímpicos axudarán a concienciar na loita contra a violencia de xénero A iniciativa enmárcase no convenio de colaboración incluído no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero en materia de deportes dotado con 1,5 millóns de euros

No eido no que se está a traballar dentro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, destaca a implicación do deporte galego e dos seus protagonistas. Para executar as accións nesta área, a Vicepresidencia da Xunta asinou este ano un convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte para levar a cabo distintas campañas de sensibilización no ámbito deportivo, de especial importancia pola relevancia e influencia que ten na sociedade, especialmente entre as xeracións máis novas.

Estas accións contan cun investimento para este ano de 1,5 millóns de euros. A iniciativa inclúe medidas como campañas en espazos deportivos e difusión das mesmas a través dos clubs galegos de alta competición, a dotación de equipamento da campaña NON contra a violencia de xénero para o colectivo arbitral; así como orzamento para os deportistas olímpicos que participen en Tokio 2020 para axudar a concienciar contra esta lacra.

Deportistas olímpicos axudarán a concienciar na loita contra a violencia de xénero

De feito, acábanse de presentar os novos contratos de patrocinio publicitario cos deportistas galegas clasificados ou en fase de clasificación para os Xogos de Tokio 2020 co obxectivo de que participen no desenvolvemento de campañas de prevención e sensibilización fronte á violencia de xénero. Un acto que dá continuidade a outro fito recente: o nomeamento como embaixadores da loita contra a violencia de xénero do triatleta Javier Gómez Noya, o piragüista Cristian Toro, a nadadora María Vilas, a judoka María Bernabeu e os regatistas Tamara Echegoyen e Nicolás Rodríguez.

Cos novos contratos de patrocinio, súmanse ao compromiso tamén os seguintes deportistas: os piragüistas Teresa Portela, Carlos Arévalo e Rodrigo Germade; o remeiro Rodrigo Conde; o arqueiro Miguel Alvariño; o xogador de tenis de mesa, Alberto Seoane; Juan Antonio Saavedra, que compite en tiro adaptado; e Agustín Alejos, xogador de baloncesto en cadeira de rodas. Estes deportistas galegos son algúns dos 25 clasificados ou en fase de clasificación para os Xogos de Tokio 2020, así como participantes nas edicións anteriores dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos, que asinarán contratos de patrocinio nesta primeira fase da iniciativa.

Os participantes deberán difundir nas súas redes sociais mensaxes relacionadas coa igualdade entre e homes e mulleres e contra a violencia de xénero

En virtude deste acordo, os deportistas deberán incorporar nos seus equipamentos oficiais de competición e de adestramento os logotipos da campaña NON contra a violencia de xénero. Ademais, terán que difundir a través das súas redes sociais polo menos unha publicación mensual relacionada coa loita pola tolerancia e contra a violencia de xénero.

Deportistas olímpicos axudarán a concienciar na loita contra a violencia de xénero

Todos estes deportistas son referentes e ídolos de moitos mozos aos que transmiten valores moi importantes para a sociedade como o traballo, o esforzo, a participación en equipo, o respecto aos demais ou a dedicación. Por iso, esta colaboración é fundamental co obxectivo de educar na igualdade e na loita contra a violencia machista.

Estes contratos de patrocinio intégranse no convenio de colaboración no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero en materia de deportes dotado con 1,5 millóns de euros

A Xunta de Galicia vén apostando nos últimos anos por impulsar a igualdade no ámbito deportivo. O Goberno conta xa con varias liñas de actuación nesta area como charlas en centros educativos coa Fundación Vero Boquete, ou a colaboración coa Federación de Fútbol para impulsar a igualdade no fútbol profesional e afeccionado. Ademais, tamén se chegaron a acordos coas federacións de balonmán ou baloncesto.

Deportistas olímpicos axudarán a concienciar na loita contra a violencia de xénero

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies