spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoO proxecto cultural 'Camiño a dentro' chega a Porriño para promocionar o...

O proxecto cultural ‘Camiño a dentro’ chega a Porriño para promocionar o Camiño Portugués

O proxecto cultural 'Camiño a dentro' chega a Porriño para promocionar o Camiño PortuguésO vindeiro xoves 10 chega a Porriño o proxecto cultural “Camiña a dentro”, unha acción promocional do Camiño Portugués que desenvolven Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia. Porriño acollerá unha das dez acción artísticas que se planificaron en distintos concellos polos que pasan o Camiño Portugués e o Camiño pola Costa.

Carmela Silva, presidenta da Deputación e a deputada provincial Victoria Alonso asisitirán xunto coa alcaldesa do Porriño, Eva García e membros do goberno municipal á actividade prevista a partir das 12 horas na praza do Concello. Tratase do conxunto de percusión “Dúas”. É unha agrupación formada polas percusionistas galegas Marta Rodríguez Figueiredo e Sabela Caridade García.

“Camiña a Dentro” ten como obxectivo poñer en valor o Camiño desde unha perspectiva cultural contemporánea, recoñecer o las das mulleres artistas e propiciar a interacción entre a veciñanza de cada concello e os peregrinos.

O Camiño Portugués tense consolidado como a segunda ruta xacobea máis transitada de cantas conducen a Santiago de Compostela, con máis de 67.800 peregrinos en 2018 e en aumento constante.

O Camiño pola Costa que cruza todo o litoral desde A Guarda deica Redondela tamén rexistra un progresivo incremento que acadao 13.618 peregrinos no 2018.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.