Inicio Baixo Miño Aberta a inscrición para participar de forma presencial na cata comentada da...

Aberta a inscrición para participar de forma presencial na cata comentada da Feira do Viño do Rosal

Aberta a inscrición para participar de forma presencial na cata comentada da Feira do Viño do RosalCelebrarase con aforo limitado o vindeiro xoves 16 de xullo (13.00 h). As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo a través de correo electrónico ata o vindeiro día 15 ás 15.00 h

Ao abeiro da XXVIII Feira do Viño do Rosal 2020, a Confraría Cabaqueiros do Viño do Rosal organiza en colaboración co Concello unha cata de viños das adegas que forman parte da Asociación Empresarial Adegas do Rosal, a única actividade do programa que contará cunha parte presencial aínda que con aforo limitado e inscrición previa.

A cita terá lugar o vindeiro xoves 16 de xullo ás 13.00 horas no restaurante Juan (Rúa do Couso, 18. O Rosal) e todas e todos os interesados en asistir deberán enviar un correo electrónico a confrariavinorosal@gmail.com solicitando a súa inscrición e indicando nome e apelidos da persoa participante. É requisito indispensable ser maior de idade para poder participar.

A cata será dirixida polo prestixioso enólogo Luis Paadín

Este ano contarase co enólogo, sumiller e profesor de Análise Sensorial e Técnico de Viticultura e Enoloxía na Universidade de Vigo Luis Paadín para dirixir a cata de nove viños do Rosal. Paadín é membro e, nalgúns casos, fundador de moitas asociación ligadas ao mundo do viño e está conectado tamén ao mundo literario vitivinícola coa autoría e coedición da “Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia” e do libro “Las piedras que hacían vino”. Conta cun espazo semanal na Cadena Ser A Coruña e na Cadena Radiovoz A Coruña.

Para poder levala a cabo a cata de forma presencial e coidar da saúde de todas as persoas participantes cumpriranse todas as medidas de prevención e seguridade esixidas polas autoridades sanitarias. Ademais, todas as persoas participantes deberán levar obrigatoriamente máscara de protección homologada durante todo o evento e manter as distancias de seguridade.

A cata poderá seguirse tamén de forma virtual co resto da programación da Feira do Viño 2020 a través da web.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies