spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona mantén o calendario de visitas guiadas para o verán

Baiona mantén o calendario de visitas guiadas para o verán

O calendario de visitas comezará o próximo 15 de xullo cunha visita guiada polo centro histórico que se repetirá os mércores e sábados ás 11 horas. A duración estimada é de 1 hora e media.
 
Os días 16 e 30 de xullo e 13 e 27 de agosto realizarase o roteiro guiado polo tramo do Camiño Portugués da Costa, comprendido entre o centro de Baiona e a ponte románico da Ramallosa. Esta saída será ás 10:00 horas e terá unha duración estimada de 2 horas e media.
 
As visitas levarán a cabo seguindo as medidas de prevención necesarias. O número de asistentes será reducido polo que é necesaria a inscrición previa na oficina de turismo (no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal, ou por teléfono no 986 68 70 67: de luns a venres, de 8 a 14 horas).
 
O punto de encontro para ambas as visitas, tras a confirmación de praza, será o palco do Parque da Palma. Os e as asistentes deberán acudir obrigatoriamente con máscara, manter a distancia de seguridade con outras persoas e acollerse en todo momento ás indicacións da guía.
 
Ambas as visitas serán guiadas por unha Guía Oficial habilitada pola Xunta de Galicia, como vén sendo habitual, e formada en materia de prevención de riscos laborais #ante a COVID- 19.
- Publicidade -spot_img