spot_img
InicioBaixo MiñoA XXVII edición da Feira do Viño do Rosal péchase deixando moi...

A XXVII edición da Feira do Viño do Rosal péchase deixando moi boas sensacións

A XXVII edición da Feira do Viño do Rosal péchase deixando moi boas sensaciónsUn ano máis, e malia climatoloxía da xornada do sábado, unha gran asistencia de público acompañou a esta festa con denominación de orixe. Unha edición que péchase deixando moi boas sensacións e moitas expectativas cara o seu futuro.

A festa despediuse o domingo, xa pola tarde co grupo de Pandereteiras Tremelique que foi o encargado de poñer música á Feira do Viño ata as 18.30 horas cando Tonichi e Pacheco pecharon musicalmente esta edición ás doce da noite

A XXVII edición da Feira do Viño do Rosal péchase deixando moi boas sensacións

O acto de inauguración correu a cargo da alcaldesa Do Rosal, Ánxela Fernández, quen destacou a singularidade e a importancia que esta festa ten para todos os rosaleiros.

A XXVII edición da Feira do Viño do Rosal péchase deixando moi boas sensacións

O pregón deste ano correu a cargo de Almudena Alberca, primeira muller Máster of Wine de España e que dirixiu a cata coa que arrincou a Feira o venres pola mañá.

A XXVII edición da Feira do Viño do Rosal péchase deixando moi boas sensacións

Tamén durante o acto de inauguración deste ano, presentouse a Confraría dos Cabaqueiros do Viño do Rosal. Foi o Director Xeral de Terras Gauda, Enrique Costas o encargado de explicar os detalles da mesma, entre os que está de maneira destacada o de resaltar a todas aquelas persoas ou accións que valoricen O Rosal.

A XXVII edición da Feira do Viño do Rosal péchase deixando moi boas sensacións

 

Esta nomeou aos primeiros confrades, entre eles os representantes das nove adegas fundadoras, o conselleiro de Medio Rural, José González os alcaldes e alcaldesas do Baixo Miño e o presidente do Consello Regulador da DO Rías Baixas.

Durante os tres días da feira pasaron polo Rosal miles de persoas que gozaron das diferentes propostas da gastronomía galega e degustaron os prezados viños desta zona.

10K O ROSAL FEIRA DO VIÑO

Debido a falta de un permiso de tráfico para a celebración da proba 10K O ROSAL FEIRA DO VIÑO, a carreira aprázase ata o próximo DOMINGO 28 DE XULLO DE 2019. Asemesmo, ese mesmo dia organizaranse as carreiras de nenos e a andaina popular prevista no pasado fin de semana e dentro do programa da Feira.

A ORGANIZACIÓN INFORMA:

OS HORARIOS SERÁN:

SAIDA ANDAINA: 10:00 HORAS
CARREIRAS DE NENOS: 10:30
ADULTOS 5k/10K: 11:00HORAS

Tod@s aqueles que non poidan asisitir, poderán reclamar a DEVOLUCION DA CUOTA DE INSCRICION no correo CONSULTA@CHAMPIONCHIPNORTE.COM (MÁXIMO ATA O 19 DE XULLO)

AS INSCRICIONS SEGUIRÁN ABERTAS ATA O PRÓXIMO 24 DE XULLO NA WEB WWW.10KOROSAL.COM

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.