spot_img
InicioO MorrazoA Xunta licita por máis de 130.000 euros os traballos de eliminación...

A Xunta licita por máis de 130.000 euros os traballos de eliminación de especies exóticas invasoras nas illas Cíes, Ons e Sálvora

As illas atlánticas acollen mañá o II Encontro de Pintores co fin de amosar a súa riqueza natural mediante a arte pictóricaA Xunta licitou por un importe inicial de 133.538,58 euros o servizo para a eliminación de especies exóticas invasoras nas illas Cíes, Ons e Sálvora do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, uns traballos que se centrarán nas dunas grises fixas e no seu hábitat de contacto co fin de garantir o seu estado de conservación favorable.

Revista Cousas De Nº20

Cunha vixencia de 33 meses, este contrato enmárcase nos traballos que se están a desenvolver no marco do LIFE Insular, un proxecto transnacional cofinanciado con fondos europeos no que participan España e Irlanda e que ten como fin acadar a restauración integrada de hábitats insulares do Océano Atlántico.

Para lograr estes obxectivos, a iniciativa prevé executar sobre o terreo unha serie de actuacións centradas nos tipos de hábitats insulares 2130 e 4030, correspondentes ás dunas costeiras con vexetación herbácea e aos queirogais secos europeos (brezais).

A licitación que se acaba de publicar correspóndese con este tipo de traballos in situ e permitirá darlle continuidade aos labores acometidos xa no último ano e medio nos tres arquipélagos galegos sobre a flora terrestre exótica invasora (acacias, margarida africana, etc.) e que inciden de forma moi beneficiosa no estado de conservación dos hábitats antes mencionados.

Galicia celebra a inclusión do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia na lista Ramsar de humidais de importancia internacional

En concreto, o servizo inclúe a realización de accións para a mellora da estrutura e funcionalidade de dous tipos de hábitats propios destas illas a través da eliminación e control, mediante métodos manuais, de flora invasora.

A empresa que se faga cargo do servizo, cuxa duración se estenderá desde a sinatura do contrato ata novembro do ano 2026, deberá dispoñer para a realización dos traballos programados dun mínimo de seis peóns especialistas e un responsable técnico ao fronte do equipo de campo.

Cómpre lembrar que o obxectivo principal do proxecto LIFE Insular é promover un estado de conservación favorable dos hábitats de illas pertencentes á Rede Natura 2000 no Océano Atlántico, ao tempo que se aumenta a súa resiliencia como medida de adaptación ao cambio climático.

Neste sentido, búscase minimizar a medio e longo prazo o impacto de posibles perturbacións externas sobre as zonas de actuación —risco de vendavais, erosión eólica catastrófica…— e buscarase tamén unha recuperación da paisaxe natural destas illas co reto de reverter a situación á que había 70 anos atrás.

En concreto, ponse o foco de atención sobre oito Zonas de Especial Conservación (ZEC) localizadas en cinco illas que son —ademais das tres galegas xa citadas— La Graciosa, en Canarias, e Irlanda.

A Universidade de Santiago de Compostela exerce o papel de coordinadora, mentres que o Goberno galego, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, se encarga da execución técnica, tal e como se recolle no convenio asinado en 2022 entre ambos organismos. Os outros socios que se benefician do proxecto europeo son o Organismo Autónomo de Parques Nacionais e, pola parte irlandesa, o Department of Housing, Local Government and Heritage e o Coillte CGA.

- Publicidade -spot_img