spot_img
InicioCondado ParadantaMáis de 1500 persoas visitaron en 2023 o Museo da Ciencia do...

Máis de 1500 persoas visitaron en 2023 o Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra

O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra do Miño retoma a súa actividade habitualSituado dentro do Castelo de Dona Urraca, no municipio de Salvaterra de Miño, o Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea pecha o ano rexistrando un total de 1508 visitas. Un máximo histórico que sitúa este espazo como un referente cultural sobre a vitivinicultura en España, así o avala o número de visitantes recibidos dende que abrira as súas portas en febreiro do 2019

Revista Cousas De Nº20

Os visitantes que se achegaron neste 2023 ó museo, máis de 1200 procedentes do territorio nacional e case 300 dende fora do país; valoran as instalacións e o trato persoal recibido durante a súa visita. O carácter didáctico e interactivo do Museo da Ciencia do Viño na promoción do “Condado do Tea” baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas pon en valor unha marca propia ó mesmo tempo que pon de manifesto a riqueza existente da zona vinícola e como destino turístico co selo distintivo: Salvaterra de Miño.

Os meses con maior número de visitas rexistradas foron os de maio, agosto, setembro e decembro; meses que coinciden co período de vacacións e festas xa de relevancia e de promoción dos viños da zona como son a Festa do Viño do Condado do Tea no mes de agosto ou a Festa do Viño Espumoso en decembro. Só durante o mes de agosto foron preto de 300 as persoas que se achegaron ata o museo.

En Galicia, o turismo enolóxico é un dos principais reclamos turísticos xa que falamos dunha experiencia orixinal que engloba multitude de actividades complementarias arredor do mundo do viño como a gastronomía, a cultura, o patrimonio ou a tradición.

- Publicidade -spot_img