spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán reparte xoguetes recadados entre 48 familias do municipio en situación de...

Nigrán reparte xoguetes recadados entre 48 familias do municipio en situación de vulnerabilidade

nigran-reparte-xoguetes-recadados-entre-48-familias-do-municipio-en-situacion-de-vulnerabilidadeTamén entregaranse xoguetes aos 52 nen@s   usuarios do Servizo de Atención Temperá  que  serán visitados o día 4 de xaneiro o Rei Mago e a  Carteira Real   para recibir os  seus xoguetes xa que a súa situación persoal non lle permite asistir á Cabalgata do día 5

Revista Cousas De Nº20

O Concello de Nigrán rematou hoxe 03 de xaneiro  o reparto de brinquedos recadados durante todo o ano a través do Banco Municipal de Xoguetes co fin de que, precisamente, ningunha crianza quede sen agasallos de Nadal. Os miles de brinquedos doados  pola veciñanza directamente ao Concello serviron para agasallar Papá Noel e tamén os Reis de de preto de XX menores do municipio de 0 a 12 anos de 49 familias en situación de vulnerabilidade. A  maiores, quedou unha remesa suficiente para que as familias poidan recorrer a el durante o resto do ano.

Tamén entregáranse xoguetes aos 52 nen@s   usuarios do Servizo de Atención Temperá  que  serán visitados o día 4 de xaneiro o Rei Mago e a  Carteira Real   para entregar  os  seus xoguetes xa que a súa situación persoal non lle permite asistir á Cabalgata do día 5

“O Nadal é a época na que máis se reparten, pero realmente o Banco Municipal está aberto durante todo o ano para recibir doazóns e tamén para repartir entre as familias vulnerables que o precisen”, explica o alcalde, Juan González, quen subliña a implicación dos seu equipo de goberno e de voluntariado que, durante meses, estivo seleccionando só os que estivesen en perfecto estado, hixienizándoos e empaquetándoos.

O obxectivo do Concello de Nigrán é que o Nadal non signifique para as familias en risco de exclusión social do municipio un agravamento da súa condición, polo que o goberno local leva adiante máis iniciativas solidarias, como recollida de alimentos non perecedoiros en diferentes eventos ou a promoción do Roupeiro Municipal (ben para realizar doazóns ou ben para entregar).

O noso máximo agradecemento ás familias doadoras e aos Colexios Humberto Juanes, Arquitecto Palacios, A Cruz de Camos e Ángel de la Guarda, Equipo Prado Competición, Arrases Val Miñor, Papá Noeles surferos, Corredores da San Silvestre e clubes de Baloncesto, Patinaxe e Tenis de Nigrán pola súa colaboración e reco9llida de xoguetes e alimemtos.

- Publicidade -spot_img