spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán inicia os traballos de posta en valor e recuperación das dunas...

Nigrán inicia os traballos de posta en valor e recuperación das dunas da Cansadoura, en Patos

nigran-inicia-os-traballos-de-posta-en-valor-e-recuperacion-das-dunas-da-cansadoura-en-patosO Concello de Nigrán iniciou os traballos de cara a posta en valor e recuperación da praia da Cansadoura, en Patos

Revista Cousas De Nº20

Será a primeira vez que a protección do sistema dunar se extende a outro areal diferente ao Praia América-Lourido, concretamente a Praia da Cansadoura, en Patos. O Concello contratou á cooperativa Teixugo por 11.000 € o peche perimetral das dunas, a reparación da pasarela existente, a instalación de sinalización informativa e a eliminación de especies invasoras. Os traballos estarán rematados nas vindeiras semanas.

“A diferencia da zona de Panxón desde hai décadas e Lourido recentemente, estas dunas non estaban siquera delimitadas. Queremos rexeneralas ao tempo que creamos concienciación social ao respecto”, destaca o alcalde de Nigrán, Juan González. “Por unha banda protexemos mellor o noso patrimonio natural e, con elo, gañamos en ecoloxía, e, por outra banda, creamos cidadáns máis comprometidos coa súa contorna e máis sensibilizados medioambientalmente”, conclúe o alcalde.

Este areal contiguo a Patos (ao carón da Residencia de Tempo Libre) conserva un pequeno sistema dunar actualmente en perigo porque os bañistas atallan desde o aparcadoiro por carreiros que seccionan as dunas en lugar de empregar a pasarela peonil. Por esta razón, ao igual que en Panxón desde hai décadas e en Lourido o ano pasado, toda a área dunar será pechada perimetralmente mediante postes de madeira tratados en autoclave e separados 2,5 metros por arame verde. Igualmente, a pasarela de acceso será restaurada incluíndo a substitución de 10 taboleiros. Adicionalmente, e cun fin educativo e divulgativo, colocaranse 2 paneis informativos de 80×120 cm que recompilen información sobre a riqueza do sistema dunar e a importancia da súa protección e rexeneración (mediante texto, imaxes, infografías e debuxos).

Afortunadamente, nestas dunas o estado de conservación é máis que aceptable porque tan só se aprecian uns pés de margarida africana como especie invasora (serán erradicadas) mentres que figuran especies autóctonas seriamente ameazadas como o tomelo de praia, correola de praia, cebola das gaivotas, cardo marítimo e prixel de praia.

- Publicidade -spot_img