Inicio Baixo Miño A Xunta investirá 900.000 € para rehabilitar a Igrexa do Mosteiro de...

A Xunta investirá 900.000 € para rehabilitar a Igrexa do Mosteiro de Santa María de Oia, unha das xoias do Camiño Portugués da Costa

A Xunta investirá 900.000 € para rehabilitar a Igrexa do Mosteiro de Santa María de Oia, unha das xoias do Camiño Portugués da CostaA intervención na igrexa, que se licitará nas próximas semanas, mellorará as condicións de humidade e resolverá os problemas da falla de mantemento

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe o Mosteiro de Santa María de Oia, onde anunciou que a Xunta de Galicia ten previsto levar a cabo un proxecto de rehabilitación cun investimento de preto de 900.000€ na igrexa. Esta actuación permitirá mellorar as condicións de humidade e resolver os problemas da falta de mantemento e conservación deste importante BIC do Camiño Portugués da Costa.

Román Rodríguez, xunto coa alcaldesa Cristina Correa, subliñou que esta intervención “será a maior aposta da Xunta este ano no patrimonio da provincia de Pontevedra e unha das máis importantes de toda Galicia”. Isto será posible, como explicou o conselleiro, grazas ao incremento do investimento por parte do Goberno autonómico en fondos para patrimonio. “En 2021 imos dedicar un 19% máis”, declarou.

A Xunta investirá 900.000 € para rehabilitar a Igrexa do Mosteiro de Santa María de Oia, unha das xoias do Camiño Portugués da Costa

“Queremos darlle o mellor futuro ao noso pasado máis sobranceiro”, resumiu o titular de Cultura da Xunta, quen explicou que os traballos que se desenvolverán este ano “renovarán unha das xoias patrimoniais xacobeas en pleno Ano Santo”. Neste momento estanse a completar os tramites administrativos para a súa próxima licitación e, unha vez adxudicada a obra, terá un prazo de execución de nove meses.

No caso concreto da provincia de Pontevedra, a Xunta está destinando máis de 3 millóns de euros nunha ducia de bens como a igrexa de Santo Estevo de Negros, en Redondela, cuxa obra empezará nas vindeiras semanas; a basílica de Santa María a Maior, en Pontevedra; ou a restauración rematada de Santa María de Baiona, entre outras.

A Xunta investirá 900.000 € para rehabilitar a Igrexa do Mosteiro de Santa María de Oia, unha das xoias do Camiño Portugués da Costa

Numerosas zonas de actuación

A actuación que se levará a cabo neste Ben de Interese Cultural permitirá mellorar as patoloxías derivadas da entrada de auga, así como resolver os problemas pola falla de mantemento e conservación. Así, o proxecto prevé que as principais actuacións se centren nas fachadas e cubertas, así como en mellorar as condicións de ventilación.

Para iso modificaranse os aleiros, co fin de evitar a entrada de auga pola cabeza dos muros, restaurarase a cuberta do faldón norte e rebaixarase a cota do terreo arredor das fachadas leste e sur da igrexa. Así mesmo, tamén se eliminarán os rexuntados interiores de cemento e cambiaranse as actuais carpinterías deterioradas e sen ventilación por outras de aceiro inoxidable negro con ventilación permanente.

As obras previstas no Mosteiro de Oia complétanse coa apertura da antiga comunicación entre a sancristía e a torre do campanario, co acondicionamento do adro da igrexa completando a actual pavimentación en granito e coa execución dun novo sistema de evacuación de augas pluviais e residuais de todo o conxunto.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies