Inicio O Condado Mondariz Balneario A Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz-Balneario colaborarán para recuperar...

A Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz-Balneario colaborarán para recuperar a Fonte de Troncoso

A Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz-Balneario colaborarán para recuperar a Fonte de TroncosoO conxunto, que acaba de ser cedido ao Concello por decisión xudicial, presenta problemas de conservación debido á falta de mantemento

A Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz-Balneario colaborarán na recuperación e rehabilitación da Fonte de Troncoso, un ben catalogado e protexido que conta con importantes problemas de conservación. Así o anunciaron hoxe nunha visita o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o alcalde da localidade, José Antonio Lorenzo, á que tamén acudiu a delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Mª Luisa Piñeiro.

O conxunto, proxectado polo arquitecto galego Antonio Palacios a comezos do século XX, acaba de ser cedido ao Concello de Mondariz-Balneario por decisión xudicial e presenta un estado moi deteriorado, o que fai preciso intervir sobre ela.

Agora, ambas institucións colaborarán xuntas para recuperar este conxunto e poñer en valor o legado de Antonio Palacios, o arquitecto do Porriño que conta con numerosas obras tanto en Galicia, como no resto de España.

 

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o alcalde, José Antonio Lorenzo, visitaron este ben catalogado, obra do arquitecto galego Antonio Palacios 1
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o alcalde, José Antonio Lorenzo, visitaron este ben catalogado, obra do arquitecto galego Antonio Palacios

Durante a súa visita, o titular de Cultura da Xunta subliñou o valor patrimonial da Fonte de Troncoso e asegurou que apostar pola súa recuperación “supoñe tamén poñer en valor o legado do arquitecto Antonio Palacios, un dos grandes nomes da arquitectura que superou as fronteiras do seu Porriño natal e de Galicia cara a capital de España, onde deixou unha profunda e recoñecida pegada creativa”.

Reforzo dun 19% en patrimonio nos orzamentos de 2021

Esta actuación enmárcase no compromiso da Xunta de Galicia coa conservación, restauración e rehabilitación do patrimonio cultural galego. No caso da provincia de Pontevedra, o Goberno autonómico ten en marcha preto de 15 actuacións entre as que se inclúen as obras de na igrexa de Santa María a Maior de Pontevedra, a restauración do Mosteiro de Santa María de Oia, a actuación en Santo Estevo de Negros (Redondela) ou na Catedral de Tui, entre outras.

Este compromiso reflíctese tamén nos orzamentos do vindeiro ano, onde a partida para actuacións de conservación e restauración do Goberno autonómico se incrementa nun 19%.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies