spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorA Xunta convoca 20 novos permisos de explotación para o marisqueo a...

A Xunta convoca 20 novos permisos de explotación para o marisqueo a pé na confraría de Arcade

A Xunta convoca 20 novos permisos de explotación para o marisqueo a pé na confraría de ArcadeA Consellería do Medio Rural e do Mar convoca 20 novos permisos de explotación para o marisqueo a pé na confraría de Arcade. Estas novas incorporacións son unha mostra máis da aposta da Xunta pola xeración de actividade e o incremento dos postos de traballo para a incorporación de xente nova ao marisqueo.

Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte da publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios das xefaturas territoriais e na páxina web da Consellería.

As solicitudes presentaranse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez rematado o prazo de A Xunta convoca 20 novos permisos de explotación para o marisqueo a pé na confraría de Arcadesolicitude, a Consellería do Medio Rural e do Mar procederá á súa valoración.

Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.