spot_img
InicioGaliciaA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou onte na V...

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou onte na V Sesión Plenaria e no acto de clausura do V Congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou onte na V Sesión Plenaria e no acto de clausura do V Congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde.No seu relatorio “o turismo sostible en Galicia: posta en valor do entorno natural como medio de recreo e rendibilidade económica”, Nava Castro explicou que para que haxa turismo sostible é fundamental fomentar a participación activa das comunidades locais e a protección do patrimonio, a cultura, as tradicións anfitrioas e a diversidade biolóxica. “Sen esquecernos da outra parte da balanza, o turista, por iso débese garantir a calidade aos visitantes”, afirmou.

Así mesmo, a directora de Turismo de Galicia, asegurou que é preciso minimizar o uso dos recursos non renovables facendo uso da eficiencia enerxética nas empresas e instalacións turísticas.

Nava Castro sinalou que o turismo constitúe un factor de desenvolvemento sostible por razóns económicas, sociais e culturais e medioambientais e explicou que Turismo de Galicia non considera o turismo sostible como unha tipoloxía de turismo en si mesmo, senón como un elemento transversal que debe estar integrado en todos os produtos que se desenvolvan en Galicia.

Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, así se reflexa no Plan Integral de Turismo de Galicia no que se dedica unha liña estratéxica para converter Galicia nun destino ambiental, social e economicamente sostible.

No referente ás actuacións desta liña do Plan Integral de Turismo, Nava Castro destacou a implantación da Carta Europea de Turismo Sostible nos espazos naturais protexidos de Galicia, e o convenio asinado coa Deputación de Pontevedra para dotar de material de accesibilidade dos recursos turísticos a diferentes praias das Rías Baixas. Ademais destacou a implantación do primeiro sistema de vídeo na oficina de turismo da Xunta de Galicia en Vigo dotado de interpretación en Linguaxe de Signos (BILDTEC) para derribar as barreiras de comunicación e mellorar a accesibilidade das persoas xordas ou con discapacidade auditiva á información turística da nosa comunidade.

A directora de Turismo de Galicia clausurou este Congreso subliñando que o turismo é unha das industrias máis limpas e a súa vez das máis importantes da nosa comunidade xa que representa o 10,6% do PIB e o 11,23% do total do emprego.

Sinalou tamén, durante o acto de clausura, a importancia da natureza, primeira motivación pola que os turistas elixen Galicia como destino, e da auga para a nosa comunidade. Neste senso, destacou que Galicia alberga no seu territorio, do cal o 12% está protexido, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, seis Parques Naturais e 6 reservas da Biosfera, 1.659 km de costa, máis de 800 praias con 8 bandeiras de Q de Calidade Turística e 123 Bandeiras Azuis e 46 sendeiros azuis

- Publicidade -spot_img