spot_img
InicioVal MiñorGondomarCurso de operador de carretillas elevadoras en Gondomar

Curso de operador de carretillas elevadoras en Gondomar

A Cámara de Comercio de Gondomar, en colaboración coa Concellaría de Formación e Emprego, organiza un curso formativo de operador de carretillass elevadoras os días 3,4,5,6 e 7 de novembro de 9 horas a 14 horas no Centro Neural de Gondomar co fin de dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios para utilizar as carretas en ámbitos específicos.

Curso de operador de carretillas elevadoras en GondomarOs alumnos adquirirán coñecementos sobre as modalidades, condicionantes e riscos das distintas operacións de manipulación de cargas en función dos equipos e situacións habituais.

O curso ten unha duración total de 25 horas, 5 horas de formación teórica e 20 horas de formación práctica mediante o uso de maquinaria.

Os interesados deben inscribirse a partir deste luns día 20 de outubro e ata o venres día 24 de outubro nas oficinas do Centro de Desenvolvemento Local en horario de mañá.

Hai un total de 20 prazas dispoñibles, que serán outorgadas con preferencia aos solicitantes empadroados en Gondomar e con maior antigüidade na demanda de emprego.

Os solicitantes deberán presentar así o volante de empadroamento, copia da tarxeta de demandante de emprego e DNI.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.