spot_img
InicioVal MiñorGondomarO proxecto comarcal "Valemprego", ofrece o vindeiro xoves día 23 de outubro...

O proxecto comarcal “Valemprego”, ofrece o vindeiro xoves día 23 de outubro unha charla sobre cooperativismo no Centro Neural de Gondomar

ValempregoO proxecto comarcal “Valemprego”, que comprende diferentes accións formativas dirixidas a persoas desempregadas, ofrece o vindeiro xoves día 23 de outubro unha charla sobre cooperativismo ás 10.30 horas no Centro Neural de Gondomar.

Baixo o nome, ?Cooperativismo como alternativa ao autoemprego?, persoal técnico da federación galega de Cooperativas Sinerxia informará os asistentes sobre as características, vantaxes e oportunidades desta fórmula xurídica respecto doutras con exemplos de casos reais de experiencias cooperativistas exitosas.

Os interesados deberán presentar a solicitude, dispoñible na páxina web e Departamento de Emprego do Concello, e entregala no mesmo departamento ou remitila ao correo electrónico valemprego@gmail.com .

O proxecto ?Valemprego? continuará realizando actividades formativas até final de ano co fin de achegar ás persoas desempregadas das ferramentas necesarias para aumentar as posibilidades de inserción no mercado laboral.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.