spot_img
InicioVal MiñorGondomarO Concello de Gondomar licita unha nova mellora para a Praza de...

O Concello de Gondomar licita unha nova mellora para a Praza de Abastos

A Xunta de Galicia, a través da concellaría de Industria e Comercio, concedeu a Gondomar unha subvención para acometer obras de mellora na Praza de Abastos Municipal. A Xunta de Galicia, a través da concellaría de Industria e Comercio, concedeu a Gondomar unha subvención para acometer obras de mellora na Praza de Abastos Municipal.

Cun investimento total de 42.000 euros, dos cales o 75% será financiado pola Xunta de Galicia e o 25% restante polo Concello, procederase á eliminación de barreiras arquitectónicas do edificio, á substitución da iluminación ordinaria por iluminación tecnolóxica led, á instalación de rótulos luminosos nos comercios así como ao mantemento xeral de limpeza e pintura e á instalación de ramplas de accesibilidade.

Carlos González Camesella, concelleiro de Mercados, afirma que “esta obra de mellora supón a terceira intervención de perfeccionamento da Praza de Abastos desde que el está ao cargo fai tres anos, nos que se renovaron tamén as portas de acceso e A Xunta de Galicia, a través da concellaría de Industria e Comercio, concedeu a Gondomar unha subvención para acometer obras de mellora na Praza de Abastos Municipal. as instalacións de fontanaría”.

Carlos Camesella sinala á súa vez a continuidade do funcionamento do mercado mentres se acometen as novas obras de mellora xa que a maior parte dos traballos realizaranse fóra do horario de atención ao público.

 

- Publicidade -spot_img