spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA vitoria no Rally Rías Baixas pasa por Salceda de Caselas

A vitoria no Rally Rías Baixas pasa por Salceda de Caselas

A vitoria no Rally Rías Baixas pasa por Salceda de CaselasTramo de múltiples cruces, cambios de ritmo e distintos tipos de chan, o de Salceda de Caselas será o último nos tres bucles que se disputarán ao longo da xornada do sábado (Vigo – Alba – Nigrán, Gondomar – Porriño e Salceda de Caselas)

Nos 12,12 quilómetros que atravesarán as parroquias salcedenses de Parderrubias, San Estevo de Budiño e Soutelo poñerase en xogo, con moita probabilidade, a vitoria do 53 Rallye Recalvi Rías Baixas. E é que, ademais, o Tramo de Salceda de Caselas será o último nos tres bucles que se disputarán ao longo da xornada do sábado (Vigo – Alba – Nigrán, Gondomar – Porriño e Salceda de Caselas). E da mesma forma, todo apunta a que será a especial que máis público congregue pola cantidade de accesos que ten para chegar a el; circunstancia que enche de orgullo ao goberno desa localidade.

A súa concelleira de deportes, Carla Pérez, destacaba na rolda de prensa que se celebrou este mércores na Casa de de a Cultura, o importante retorno económico que deixa o rallye en Salceda de Caselas; “son moitos os afeccionados que se achegan a esta zona para seguir a carreira. Esa xente deixa moita vida na vila. Móvese moito a economía local e a hostalería e iso é moi importante para nós”.

O alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada,  afeccionado desde pequeno ao mundo do motor, tampouco escondeu a súa satisfacción polo protagonismo que cobra a súa localidade nos rallyes do Campionato Gallego. “Desde hai dous anos temos a sorte de formar parte de dúas probas do certame rexional- o Suco e o Rías– sendo, se non me equivoco, o único concello galego que pode presumir de iso”.

As pasadas polo tramo de Salceda de Caselas comezarán ás 10 h, 14:56 h. e 19:42. e unha vez completado o percorrido os vehículos dirixiranse ao centro da localidade, onde a organización estableceu un control de paso na Praza do Concello. “O paso da caravana do rallye polo centro da vila permitiranos gozar, moi de preto e en todo o seu esplendor, da espectacularidade dos coches de competición”, aseguraba o alcalde salcedense.

Besada tamén lembrou que Salceda de Caselas contará cunha importante representación de pilotos e copilotos da zona. Jorge Pérez Oliveira, é un deles. Na pasada edición do Rallye Rías Baixas quedou segundo, así que acode á cita coa ilusión de volver pelexar pola vitoria dunha proba que segue con devoción desde moi pequeno; “máis que un deporte, os rallyes para o meu son unha paixón. Desde que era pequeno, na miña casa sempre se viviu con moita expectación e pasar a ser protagonista nel, é un orgullo”.

O piloto do Renault Clio R3 Max Evo tamén tivo palabras de eloxio cara á Escuadra Rías Baixas pola boa organización da proba. “Nótase que estiveron no nacional. O listón que poñen é moi alto. A nós facilítanos moito as cousas toda a información que nos dan no pre- rallye. Deberían tomar nota outras organizacións”.A vitoria no Rally Rías Baixas pasa por Salceda de Caselas

Fernando Mouriño, presente tamén na rolda de prensa celebrada en Salceda de Caselas agradeceu a magnífica acollida e mellor predisposición por parte do goberno local co rallye; “desde o primeiro momento no que contactamos con eles para organizar o paso da caravana do Rías, e en calquera problema que xurdía, sempre tivemos unha rápida resposta por parte de Carla e o propio Marcos Besada. E iso non tes como agradecelo”, aseguraba.

O presidente da Escuadra Rías Baixas explicou ademais, o por que da decisión de celebrar tres tramos a tres pasadas na xornada do sábado. “Decidimos facelo así para evitar mover aos equipos que temos distribuídos ao longo de cada tramo, para dar máis protagonismo aos concellos polo que pasamos e para evitar, na medida do posible o que sucedeu o pasado ano. Se se produce calquera incidente no tramo, dispoñemos de máis marxe para relanzalo. E iso beneficia tanto aos participantes como aos afeccionados que esperan ver o paso de todos os participantes”.A vitoria no Rally Rías Baixas pasa por Salceda de Caselas

A vitoria no Rally Rías Baixas pasa por Salceda de Caselas

- Publicidade -spot_img