spot_img
InicioO MorrazoBueuA VII Ruta das Tapas Cinco Estrellas de Bueu arranca este venres

A VII Ruta das Tapas Cinco Estrellas de Bueu arranca este venres

A VII Ruta das Tapas Cinco Estrellas de Bueu arranca este venres No evento participan trece locais hostaleiros da vila que ofrecerán as súas tapas entre o 9 e o 18 de setembro a un custe de 2.50 €

Revista COUSAS DE nº14

Para os padais máis exquisitos e que gusten da gastronomía, a concellaría de promoción económica de Bueu organiza, en colaboración co FICBUEU e a Asociación de Hostalaría da vila, a VII Ruta das Tapas Cinco Estrelas, na que participan un total de trece establecementos que ofrecerán as súas propostas culinarias entre o 9 e o 18 de setembro. A iniciativa naceu hai sete anos co obxectivo de unir o cinema coa gastronomía durante a semana do festival, de aí que todos

, que ofrecerán os seus petiscos gastronómicos inspirados en películas, e que se poderán degustar tanto ao mediodía como pola noite, nos horarios estipulados. Concretamente os pratos leven o nome dunha película, tal e como salienta Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, quen tamén destaca que “teremos a posibilidade de coñecer un ano máis a diversidade da nosa hostalaría, que é das mellores”.

Nesta iniciativa participan un total de trece locais hostaleirosparticipan A Cepa, Buena Vibra, Casa Quintela, Casa Videira, Esmorga, Morriña, Noite Tapas, O Farol, O Ratiño Pequeño, Pyramis, Secretos del Mar, Volver e Casa Benito.

Ademais, a clientela terá a posibilidade de gañar un dos tres vales de 50 € para consumir na hostalaría. As persoas que desexen participar neste sorteo deberán completar o selado das cinco estrelas do cupón, ao ir degustando as diferentes propostas, e entregalo na Oficina de Turismo de Bueu.

Toda a información sobre os locais participantes, os horarios e as tapas, poderase consultar na web do Concello de Bueu, concretam

- Publicidade -spot_img